Club de Montaña O Caxado

O pasado Domingo día 4 o Club de Montaña O Caxado organizou unha camiñada seguindo a ruta marcada o ano pasado por Euroeume. A ruta comenza ó pe do museo etnográfico da Capela, no lugar do Pazo e logo de chegar ata o rio Belelle segue o seu curso ata Cabalar para desde alí comenzar ascensión ó Forgoselo logo baixa ata o castelo de Naraio e remonta o Rio Castro ataa altura de Igrexafeita por donde sube para encamiñarse a terras de Ferreira e logo rematar no castelo de Moeche.
Aínda que o día amenceu ben mollado como se pode ver nalgunha das fotos, participaron 19 camiñantes que remataron a camiñada sen ningun problema, a non ser a molleira, pois a ruta esta perfectamente señalizada e o camiño en bo estado, aínda que en algun tramo aínda quedan visibles os efectos do Klaus.
Club de Montaña O Caxado


Nova cortesía Chucho
Club de Montaña O Caxado
Club de Montaña O Caxado
Club de Montaña O Caxado

También podría gustarte
Comentarios