Club de Montaña O Caxado – Camiño Real da Carba

Este Domingo, como estaba previsto, o Club de Montaña O Caxado organizou unha camiñada polo antiguo Camiño Real da Carba, no treito de Xermade. Este era unha via de comunicación que discorria entre Mondoñedo e Ferrol e que enlazaba cos camiños Reais de Vilalba, As Pontes e de Viveiro a Betanzos.
As nove da maña saia un autobus cheo do Polideportivo municipal de As Pontes, de feito , e debido a cantidade de xente que quixo participar, vimono obrigados a dispor de algun vehiculo particular pois superouse a capacidade do autobus. Asi que as 9:30 h 62 participantes comenzan a camiñada dende a Igrexa de Luosada de arriba, dende alí, tomamos dereción leste e arrincamos xcunha subidiña que nos quita o frio das primeiras horas da maña, despois de pasar o lugar da Garrona, subimos un pequeno treito mais ate chegar a un cruce á esquerda ondevemos xa as marcas feitas polo persoal do concello de Xermade. Ese camiño, que en algunhos sitios estaba moi encharcado, levaranos a traves de fragas e de prados ate volver a pasar polo punto de saída na igrexa de lousada, dende alí seguiremos agora en direción oeste pola estrada ate deixar atras as ultimas casas e logo coller unha desviación pola dereita que nos vai levar por Teixido, pola Abelleira, onde podemos ver a casa que din que foi propiedade da lendaria bandoleira Pepa a Loba, logo seguimos polo Boucello e Penavaqueira pasando por diante da Capela do Campo para chegar a Roupar de Arriba onde faremos unha paradiña para repoñer forzas, xuntar o grupo e facer unha foto diante da escola habaneira de Roupar.
real_da_carba-0001.jpg


Continuamos o camiño pola estrada cara á Roupar de Abaixo pasando por diante do vello edificio da cárcere de Roupar, logo de un par de kilometros abandonamos a estrada e collemos unha pista á dreita que nos vai levar polos lugares da Pedreira, A Pena, Sucastro, A Ermida e a Azureira Vella ate chegar a capela da Santa do Carballo, onde remata o treito sinalizado polo concello de Xermade. Alí e sen baixar ate a Capela, collemos a dereita e cruzamos o lugar dos Pedregás para atacar a forte subida que pola Pena Cruzada nos vai levar o alto do cordal dos montes do Couce Ancho para seguir dirección oeste ate chegar ó alto da Carballeira e dende ali a longa baixada, xa no percorrido do PR-G 147, ate A Cuiña e volta o polideportivo municipal, onde viñeron chegando os últimos participantes un pouco despois das duas da tarde.
Decir que a maña estuvo ben para camiñar, pois ainda qie nublada, habia boa visibilidade e sobretodo non orballou, o que podería se o máis molesto, tamen comentar que cando baixabamos da Carballeira podiamos ver de frente a Capela e a carpa da festa do San Vicenzo de Pontoibo, e mesmo se escoitaba pola megafonia o que supoñemos que era a tipica “Poxa” de productos ofrecidos polos devotos como cada ano.
So nos queda comentar tamen a participación de moita xente nova, nova pola idade e tamen por ser a primeira vez que viñeron con nos, tanto a eles como ó resto dos participantes, agradecerlles a colaboración e agardamos que a experiencia lles agradase o suficiente como para que desexen repetir.
real_da_carba-0001.jpg
real_da_carba-0001.jpg
real_da_carba-0001.jpg
real_da_carba-0001.jpg
real_da_carba-0001.jpg
real_da_carba-0001.jpg
real_da_carba-0001.jpg
real_da_carba-0001.jpg
real_da_carba-0001.jpg
real_da_carba-0001.jpg
real_da_carba-0001.jpg
real_da_carba-0001.jpg
real_da_carba-0001.jpg
real_da_carba-0001.jpg
real_da_carba-0001.jpg
Nova cortesía de Chucho

También podría gustarte
Comentarios