Club de Montaña O Caxado

O Domingo dia 18 votamonos á andar, organizamos unha camiñata ata o Penote de Goia en Lousada, ás 8:15 da maña nove compañeiros do club saímos do punto de partida situado no Bar Calvo, seguindo a ruta que aproximadamente vai pola Cuiña, A Carballeira, os Montes de Couce Ancho, o Alto de Castrillán, Barral, Carelle Pequeno, Carracedo, Lagoa do Boi, A Armada e subida ao Penote, a onde chegamos ás 12:15. logo de repoñer folgos e gozar das vistas que desde ali se acadan, collemos o camiño de volta, decidíndonos a baixar pola Besura, A Abilleira, O Boucello, Penavaqueira, O Campo, onde paramos a comer para logo seguir por Baxín, O Aruxo, O Empalme, A Touza, Percordeiro, A Pedrafita, A Rega, Mariñaleda, Badón, A Mourela e volta ao Calvo a onde chegamos ás 16:20 da tarde, en total 33 Km, a tempo para ir ao futbol.
Goia_001.jpg


Goia_002.jpg
Goia_003.jpg
Goia_004.jpg
Goia_005.jpg
Nova cortesía de Chucho

También podría gustarte
Comentarios