RESULTADOS DO CD AS PONTES

Sorte diferente para os equipos do CD As Pontes nos partidos disputados esta pasada fina de semana. A xornada comezaba o sábado ás dez mañá co partido da primeira autonómica alevín entre o As Pontes A e o Amistade Meirás, que rematou cun empate a catro goles (4-4). Os ponteses remontaron un adverso 1-4 con goles de José (2), Carlos e Iván. Pola súa banda, o conxunto B perdeu en Ferrol diante do Galicia de Caranza C por un contundente 7-1 (gol de Adrián Tembrás).
Benxamin-B-1.jpg


Tamén houbo empate na categoría benxamin entre o As Pontes B e o Cedeira (4-4), con goles de Mateo, Jorge e Chema. En Pontedeume o As Pontes A perdeu por 4-3 diante do Eume Deportivo, con goles ponteses de Eloi (2) e Alberte.
Benxamin-B-1.jpg
Benxamin-B-1.jpg
Benxamin-B-1.jpg
Esta fin de semana comezou a competición de prebenxamíns cunha derrota e unha vitoria para o As Pontes. Os “peques” B, os de primeiro ano, caeron no Poboado por 0-15 diante do San Sadurniño, mentres que o conxunto A goleou ó Cariño no seu campo por 1-7, con tantos ponteses de Vicente (3), Xoel (2), Nono e Xavi.
PBenxamin-B.jpg
PBenxamin-B.jpg
PBenxamin-B.jpg
PBenxamin-B.jpg
PBenxamin-B.jpg
Os que seguen na súa racha de vitorias son os infantís que adestra Rebolo, que nesta xornada golearon no Poboado ó Racing San Pedro (9-0). Marcaron polo As Pontes Enrique 82), Nahúm (2), Diego Filgueiras (2), Ángel, Brais Blanco e David Rey.
Infantil
Infantil
Infantil
Infantil
Os que seguen en horas baixas son os xuvenís, xa que os da liga nacional seguen sen gañar na competición e ocupan a derradeira posición con só un punto, logo da súa derrota en Ourense diante do Pabellón B (3-2). Pola súa banda, o conxunto B que milita na primeira autonómica, logo dun bo comezo de liga nas últimas xornadas colleitou tres derrotas consecutivas, a derradeira no Poboado diante do Meirás (0-4). Hai que salientar que neste partido os ponteses acudiron cos xogadores xustos, incluso o porteiro tivo que xogar de dianteiro.
Xuvenil-B
Xuvenil-B
Xuvenil-B
Finalmente, en canto ó cadro feminino, aínda que fixo un aceptable partido, perdeu na súa saída a A Coruña diante do Orzán B (3-1). O gol das pontesas foi marcado por Candela. Outro partido no que tamén houbo polémica arbitral, circunstancia que xa fai pensar en que hai certa persecución no estamento arbitral en contra do equipo das Pontes. Na vindeira xornada recibe no Poboado ó Atlético Muralla de Lugo.
RESULTADOS FIN DE SEMANA
PREFERENTE: CD AS PONTES – BETANZOS CF (3-0)
XUVENIL NACIONAL: PABELLÓN B – CD AS PONTES (3-2)
XUVENIL AUTONÓMICA: CD AS PONTES – MEIRÁS CF (0-4)
SEGUNDA FEMININA: ORZÁN SD B – CD AS PONTES (3-1)
CADETE COMARCAL: CD AS PONTES – GALICIA CARANZA (1-2)
INFANTIL COMARCAL: CD AS PONTES – SAN PEDRO (9-0)
ALEVIN A: CD AS PONTES – AMISTADE MEIRÁS (4-4)
ALEVIN B: GALICIA CARANZA – CD AS PONTES (7-1)
BENXAMIN A: EUME DEPORTIVO – CD AS PONTES (4-3)
BENXAMIN B: CD AS PONTES – CEDEIRA SD (4-4)
PREBENXAMIN A: CD CARIÑO – CD AS PONTES (1-7)
PREBENXAMIN B: CD AS PONTES – CD SAN SADURNIÑO (0-15)
As Pontes (AF)
Cadete-1.jpg
Cadete-1.jpg
Cadete-1.jpg
Cadete-1.jpg

También podría gustarte
Comentarios