Amigus
As Pontes

CLUB DEPORTIVO AS PONTES – RESULTADOS DA FIN DE SEMANA

CD AS PONTES PREFERENTE: Novo revés do As Pontes, nesta ocasión no Poboado, diante dun rival directo polo ascenso, o Dorneda. Nun mal partido ningún dos dous contendentes foron capaces de marcar e ó final xusto reparto de puntos e o coeficiente particular, que pode ser decisivo en caso empate a puntos, a prol dos de Oleiros, xa que na primeira volta gañaran no seu campo por 2-1. Na vindeira xornada o As Pontes ten un difícil desprazamento a Laracha, conxunto que sufriu nesta xornada unha goleada (5-1) en Santiago.


CD AS PONTES FEMININO: Xornada de descanso para os dous equipos femininos.
CD AS PONTES XUVENIL: Derrota clara do As Pontes na Coruña perante o Calasanz por 3-1. A pesar de non acadar un resultado positivo o conxunto que adestra Carballo segue en 12ª posición con 28 puntos, cinco máis que o Areosa, que nestes momentos ocupa posto de descenso, xa que Lugo e Pabellón de Ourense están tamén en zona de descenso na división de honra. Pola súa banda, o segundo equipo xuvenil perdeu no Poboado diante do Val, segundo clasificado. Marcaron Chungui, de penalti, e Manu.
meiras-001.jpg
meiras-001.jpg
meiras-001.jpg
meiras-001.jpg
meiras-001.jpg
CD AS PONTES CADETE: Nova vitoria, a sexta consecutiva, dos cadetes, nesta xornada en Ferrol diante do Aspirantes (1-3). Marcaron Álex no minuto 33 da primeira parte e Dario (52’) e Criado (64’) no segundo tempo. Despois de vinte e catro xornadas disputadas os ponteses son terceiros con 48 puntos.
CD AS PONTES INFANTIL: O cadro infantil segue na súa marcha de vitorias nesta temporada, a segunda da fase de ascenso, perante o Meirás (5-0). Marcaron Brais Blanco, Álex –en dúas ocasións-, Enrique e Diego.
meiras-001.jpg
meiras-001.jpg
meiras-001.jpg
meiras-001.jpg
meiras-001.jpg
meiras-001.jpg
meiras-001.jpg
CD AS PONTES ALEVÍN: Derrota no Poboado do As Pontes A ante o San Sadurniño (1-5, gol de Iván Jarel) e vitoria por goleada do As Pontes B (4-10) en Cariño, con goles de Jandro (3), Josiño (3), Martín (2), Adrián e Andrés. O As Pontes A é noveno do seu grupo con 22 puntos e o As Pontes ocupa a sétima posición con 29 puntos.
CD AS PONTES BENXAMÍN: Na categoría benxamín derrota no Poboado do As Pontes B diante do Galicia de Caranza (3-4). Marcaron Alejandro, en dúas ocasións, e Mateo. O As Pontes A, que é sexto con 38 puntos, descansou nesta xornada. O As Pontes B ocupa o 14º posto con catorce puntos.
meiras-001.jpg
meiras-001.jpg
meiras-001.jpg
meiras-001.jpg
meiras-001.jpg
CD AS PONTES PREBENXAMÍN: Vitoria pola mínima (3-2, os tres tantos de Nono) do As Pontes A no Poboado ante o Galicia de Caranza e derrota do conxunto B en Barallobre (3-1, gol de Joan). O As Pontes está situado na cuarta posición con 31 puntos e o As Pontes B é 11º con tres puntos.
meiras-001.jpg
meiras-001.jpg
meiras-001.jpg
meiras-001.jpg
meiras-001.jpg
RESUME RESULTADOS
PREFERENTE: CD AS PONTES – CD DORNEDA (0-0)
XUVENIL NACIONAL: CD CALASANZ – CD AS PONTES (3-1)
XUVENIL COMARCAL: CD AS PONTES – SD O VAL (2-4)
FEMININO (Copa): Xornada de descanso
FEMININO COMARCAL: Xornada de descanso
CADETE: CF ASPIRANTES – CD AS PONTES (1-3)
INFANTIL: CD AS PONTES – MEIRÁS CF (5-0)
ALEVIN A: CD AS PONTES A – CD SAN SADURNIÑO (1-5)
ALEVIN B: CD CARIÑO – CD AS PONTES B (4-10)
BENXAMIN A: Xornada de descanso
BENXAMIN B: CD AS PONTES B – GALICIA CARANZA (3-4)
PREBENXAMIN A: CD AS PONTES A – GALICIA CARANZA C (3-2)
PREBENXAMIN B: SD BARALLOBRE – CD AS PONTES B (3-1)
Nova cortesía de A.F.

También podría gustarte
Comentarios