Amigus
As Pontes

FÚTBOL VETERANO – LIGA DE AS PONTES

Logo de xogar o partido aprazado (xornada 13ª) con Frutas Luis (4-0) e solventar tamén con vitoria o encontro da xornada 19ª, o Farmavida é líder en solitario da liga pontesa de veteranos con dous puntos máis que Construcións Guerreiro e sete sobre Santaballés. Os resultados desta xornada foron os seguintes:
MMYPEN – Construcións Guerreiro (1-3)
La Galaxia – Xuntanza (1-3)
Santaballés – A Cepa (2-2)
Farmavida – Los Bidones (2-0)
Frutas Luis – Mobles Eume (3-3)
Descansou: As Pontes 74
veteranos_01.jpg


Encabeza a clasificación Farmavida, con 38 puntos, seguido de Construcións Guerreiro con 36, Santaballés, con 31; A Cepa, 26; As Pontes 74, con 25 puntos, Mobles Eume (24), Frutas Luis (23), Xuntanza (20), Los Bidones (9), La Galaxia (8) e pecha a clasificación MMYPEN con 4 puntos.
Continúa liderando a táboa de goleadores Fernández (A Cepa), con 22 goles, seguido moi de preto por Toni (Mobles Eume) con 21. Con 12 goles están Vila (As Pontes 74), Salido (Farmavida) e Michel (Frutas Luis); Mariño (Farmavida), con 11 e Iván e Felipe (Santaballés), Michel (Cons. Guerreiro) e Ángel (A Cepa) con 10 goles. Luis Pico, de Farmavida, segue a ser o porteiro menos goleado con 16 tantos encaixados en outros tantos partidos.
Este venres 19 dispútase a xornada (17ª), que fora aprazada polo temporal de vento, con estes enfrontamentos:
MMYPEN – As Pontes 74 (09,30)
Frutas Luis – Xuntanza (10,30)
Los Bidones – Mobles Eume (11,30)
La Galaxia – A Cepa (12,30)
Sábado 20: Mobles Eume – Cons. Guerreiro (18,00)
Nova cortesía de A.F.
veteranos_01.jpg
veteranos_01.jpg
veteranos_01.jpg
veteranos_01.jpg
veteranos_01.jpg
veteranos_01.jpg
veteranos_01.jpg
veteranos_01.jpg
veteranos_01.jpg
veteranos_01.jpg
veteranos_01.jpg
veteranos_01.jpg
veteranos_01.jpg
veteranos_01.jpg
veteranos_01.jpg
veteranos_01.jpg

También podría gustarte
Comentarios