CLUB DEPORTIVO AS PONTES: PARTIDOS 21/22/23 – MARZO – 2014

A XORNADA
AS PONTES-SOMOZAS (3ª División): Un Club Deportivo As Pontes en horas baixas e un Somozas nun meteórico ascenso coma escuma enfróntanse este domingo no campo do Poboado nun interesante derbi comarcal da Terceira División, onde os puntos son de vital importancia, sobre todo para o As Pontes, que de ser o líder da categoría hai catro xornadas pasou á sexta praza da clasificación tras perder tres encontros seguidos –dous no Poboado- contra rivais directos (Pontevedra, Ordes e Boiro) e empatar in extremis en Negreira e con dous xogadores máis durante todo o segundo tempo.
CD-As-Pontes.jpg
Chega a As Pontes o Somozas nun gran momento de xogo e resultados, feito que está a sorprender a propios e estraños. Abonda botar unha ollada á súa andaina na tempada, pero sobre todo nas últimas xornadas e os números din o seu bo momento. Sete partidos gañados e dous empatados nas últimas nove xornadas, 20 goles a favor e tan só 3 en contra. Máis non se pode pedir, segundo na clasificación con 60 puntos, a un do líder Boiro e 7 máis có As Pontes.
O partido promete ser interesante con dous equipos na procura dos tres puntos e dada á proximidade das dúas vilas espérase unha boa entrada de afeccionados no Poboado. Arbitrará o bo colexiado ferrolán Víctor García Villaverde. A directiva do Club pontés declarou o encontro como Medio día do Club, polo que os socios terán que pasar por taquilla.
AS PONTES B: En principio, partido accesible para o As Pontes B na Segunda Rexional, cuarto na clasificación con 37 puntos, contra o Rosalía de Vilaboa, décimo terceiro con 19 puntos. Na primeira volta, empate a un gol en campo valdoviñés.
AS PONTES XUVENIL: Complicada saída para o equipo xuvenil á Coruña, onde se enfrontará ó Victoria B, noveno na clasificación con 13 puntos máis có As Pontes, que está en posto de descenso. Na primeira volta vitoria mínima por 3-2 do As Pontes no Poboado.
AS PONTES FEMININO: Pola súa banda o As Pontes feminino, que a pasada xornada tropezou na casa co Galicia de Mugardos, ten esta xornada un complicado e difícil partido na casa Malata, Racing de Ferrol, equipo que gañou no Poboado por un contundente 0-5.
AS PONTES CADETE: Partido en principio fácil para o conxunto cadete que este venres recibe a visita do Perlío, ó que gañou nos Pinares por un claro 0-4.
AS PONTES INFANTIL: Pola súa banda, o As Pontes infantil xoga este sábado en Ares diante do colista, Numancia, conxunto ó que goleou no Poboado por 12-0. Os ponteses non poden desperdiciar esta ocasión para achegarse ó líder Racing de Ferrol.
CATEGORÍAS DE FÚTBOL 8: En categoría alevín, difícil saída para o As Pontes A á casa do Racing de Ferrol, segundo na clasificación (no Poboado, 0-12), mentres que o equipo B recibe no campo pontés ó Cultural Maniños, segundo na clasificación (no Pote, 6-0). En categoría benxamín, partido difícil para o As Pontes A diante do Cedeira, quinto na clasifcación e que gañou no Poboado por 5-6. Descansa o As Pontes B benxamín. Finalmente en prebenxamíns, o As Pontes A (6º) viaxa a Ferrol para enfrontarse ó Galicia de Caranza B (3º), mentres que o conxunto B (11º) enfróntase no Poboado ó Ortigueira (4º).


HORARIOS PARTIDOS FIN DE SEMANA
TERCEIRA DIVISIÓN (31ª xornada)
C.D. AS PONTES – U.D. SOMOZAS
CAMPO DO POBOADO (Domingo 23 – 17,00 h)
ÁRBITRO: VÍCTOR GARCÍA VILLAVERDE (Ferrol)
SEGUNDA AUTONÓMICA
CD AS PONTES B – CD ROSALÍA (Vilaboa)
Campo do Poboado (Sábado 22 – 16,30 h)
LIGA FEMININA F-8
R. FERROL – CD AS PONTES
Campo da Malata (Sábado 22 – 16,15 h)
LIGA XUVENIL GALEGA
VICTORIA B – CD AS PONTES
Campo Leyma, A Coruña (Sábado 22 – 18,00 h)
LIGA CADETE
CD AS PONTES – CCRD PERLÍO
Campo do Poboado (Venres 21 – 17,30 h)
LIGA INFANTIL
NUMANCIA ARES – CD AS PONTES
Campo de Prados Vellos (Sábado 22 – 11,00 h)
LIGA ALEVÍN
R. FERROL – CD AS PONTES
Campo da Malata-2 (Sábado 22 – 12,15 h)
CD AS PONTES B – CULTURAL MANIÑOS SD
Campo do Poboado (Sábado 22 – 11,00 h)
LIGA BENXAMÍN
CEDEIRA SD – CD AS PONTES
Campo do Beco, Cedeira ( Sábado 22, 11,00 h)
CD AS PONTES B – Descansa
LIGA PREBENXAMÍN
GALICIA CARANZA B – CD AS PONTES
Campo dCaranza, Ferrol (Venres 21, 19,00 h)
CD AS PONTES B – FC ORTIGUEIRA
Campo do Poboado (Sábado 22, 12,10 h)
CATEGORÍA BIBERÓN
CD AS PONTES – CEDEIRA SD
Campo do Poboado (Luns 24, 17,30 h)
Nova cortesía de A.F.

También podría gustarte
Comentarios