CLUB DEPORTIVO AS PONTES: Resultados 21/22/23 – Marzo – 2014

inicio.jpg
SEGUNDA AUTONÓMICA: CD As Pontes B – CD Rosalía (1-1)
Seguen atragantandoselle ó segundo equipo azul os equipos da zona baixa e este sábado empatou co Rosalía 1-1, cuarto pola cola. Comezou perdendo pero a falta de 20 minutos Marcos Novo rescatou un punto. Xogaron Iván, Nando, Rubén, Darío, Carlos, Héctor Antón, Adrián Vilasuso, Samuel, Dani Villar, Troncho, Marcos e no segundo tempo saíron Adrián e Caínzos. A vindeira semana visitan ó perigoso Rápido de Neda que marcha segundo nunha táboa liderada polo Cedeira con 51, Neda (49) e As Pontes (41).


“segunda”
segunda
segunda
segunda
segunda
segunda
segunda
segunda
segunda
segunda
segunda
segunda
segunda
segunda
segunda
segunda
LIGA GALEGA XUVENIL: Victoria B – CD As Pontes (3-3)
Perdeu dous puntos de oxíxeno o xuvenil na Coruña ante o Victoria B. Non puideron manter o 2-3, xenial hat trick de Antonio, e os coruñeses empataron ó final coma xa acontecera hai unhas semanas co Conxo. Os ponteses quéixanse moito dun penalti e que o terceiro gol dos locais foi no minuto 97. Xogaron Ángel, Esteban, Jandro, Gonza, Marcos, Moi, Brais, Iván Carballeira, Antonio, Tiny e Diego. No segundo tempo saíron Jorge, Alex Cabarcos, David Rey e David García. Seguen descendendo As Pontes 24, Imperátor e Fátima con 16, os santiagueses non se dan por vencidos e gañaron ó Vilalbés 3-1. Os rivais máis de preto, Betanzos 26, Conxo e O Val 28. Próximo partido na casa contra o EF Lalín, cuarto, necesítanse os tres puntos.
LIGA FEMININA: R. Ferrol – CD As Pontes (3-1)
Contra o mellor equipo da categoría, si estivo moi ben o equipo feminino que so perdeu 3-1 ante o EFR Ferrol. A primeira metade acabou con empate, cun tanto en propia meta e outro de Noelia para igualar, e na segunda dous goles de Silvia, un sobre a bocina deron os tres puntos ás verdes. Xogaron Leti, Sara, Nuria, Paula, Patri Dopico, Lía, Noelia Ameneiro, Silvia, Raquel, Andrea Montero e Nicole. Casi campión Ferrol con 69 puntos, pola segunda praza pelexarán Mandiá 54 e Maniños 53, e pola cuarta As Pontes 48, San Sadurniño 47 e O val B 45. O Galicia de Caranza, terceiro pola cola, visita ó Poboado na vindeira xornada.
LIGA CADETE: CD As Pontes – CCRD Perlío (1-1)
Tropezou na casa o cadete ante un bo equipo como o Perlío, 1-1, co que se escapa o Eume Deportivo na loita pola segunda praza que dá dereito á fase de ascenso. Na clasificación, Ánimas (34), Eume (27), As Pontes e Cedeira (23), Galicia Caranza B (21) e Perlío (19). Precisamente a Pontedeume desprazarase a vindeira semana o cadro azul para xogarse o último cartucho.
“cadete”
cadete
cadete
cadete
cadete
cadete
cadete
cadete
cadete
cadete
cadete
cadete
cadete
LIGA INFANTIL: Numancia Ares – CD As Pontes (0-4)
Moi ben o As Pontes infantil que gañou en Ares ó Numancia por 0-4 e aproveitouse do sorprendente empate do Ferrol B ante o Eume por 2-2. Tamén gañou o Portuarios ó Val 2-0, e os tres equipos están empatados a 35 puntos. Ten o As Pontes dúas etapas de montaña consecutivas, recibir ó Portuarios e visitar ó Ferrol B.
1ª AUTONÓMICA ALEVÍN F-8 (2ª Fase)
R. Ferrol – CD As Pontes (9-0)
Cultural Maniños – CD As Pontes B (1-1)
O segundo clasificado, Ferrol goleou 9-0 ó Alevín A que segue con dous puntos antes de recibir ó Amistade de Meirás B, noveno. Moi ben o Alevín B que empatou co Cultural de Maniños (1-1), conxunto que gañou os outros dez partidos agás do que perdera co líder Eume B, equipo ó que precisamente teñen que visitar a semana que vén. Están sextos con 12 puntos.
“alevin_b”
alevin_b
alevin_b
alevin_b
alevin_b
alevin_b
alevin_b
alevin_b
alevin_b
alevin_b
alevin_b
alevin_b
alevin_b
alevin_b
1ª AUTONÓMICA BENXAMÍN F-8 (2ª Fase)
Cedeira SD – CD As Pontes (4-4)
O Benxamín A empatou 4-4 ante o quinto clasificado, Cedeira, mentres que o Benxamín B descansou. Ambos equipos están oitavo e noveno empatados con 18 puntos antes de recibir ó cuarto Animas o A e visitar o B ó líder EFR Ferrol D.
1ª AUTONÓMICA PREBENXAMÍN F-8 (2ª Fase)
Galicia Caranza B – CD As Pontes (7-2)
CD As Pontes B – FC Ortigueira (0-3)
O segundo clasificado Caranza B goleou 7-2 ó Prebenxamín A que, oitavo con 11 puntos recibe ó cuarto, Racing San Pedro. O Prebenxamín B perdeu 0-3 co terceiro, Ortigueira, e sétimos con 4 puntos visitan ó Cedeira B, que no duelo de colistas perdeu 11-1 co Ferrol C.
“prebenxamin_b”
prebenxamin_b
prebenxamin_b
prebenxamin_b
prebenxamin_b
prebenxamin_b
prebenxamin_b
prebenxamin_b
prebenxamin_b
prebenxamin_b
prebenxamin_b
prebenxamin_b
prebenxamin_b
prebenxamin_b
prebenxamin_b
prebenxamin_b
prebenxamin_b
prebenxamin_b
prebenxamin_b
prebenxamin_b
Nova cortesía de Xosé A. Ferreiro e AF

También podría gustarte
Comentarios