Amigus
As Pontes

CLUB DEPORTIVO AS PONTES: Resultados 25/26/27 – Abril – 2014

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

inicio.jpg
SEGUNDA AUTONÓMICA: CD As Pontes B – Gª Caranza (6-1)
Goleada do segundo equipo ante o Galicia de Caranza por 6-1, con dous tanto de Marcos Novo e un de Vilasuso, Javi e os xemelgos Nando e Carlos. Polos de Iván Rodríguez xogaron Krikry, Ferreiro, Nando, Héctor Antón, Carlos, Criado, Vilasuso, Toni, Javi, Troncho e Marcos, saíndo na segunda metade os xuvenís Moi, Iván, Gonza e Jandro. O único negativo foi a expulsión de Adrián Vilasuso a trece minutos do final do partido.
Os ponteses son terceiros con 48 puntos empatados co A Capela, pero lonxe dos 62 do Rápido de Neda e 56 do Cedeira, e por diante dos 44 de Numancia de Ares e Ortigueira. A falta de dúas xornadas para o remate da competición, o As Pontes visita ó decimo, Ánimas, e recibe na derradeira xornada ó Cariño, sétimo na clasificación.


“segunda”
segunda
segunda
segunda
segunda
segunda
segunda
segunda
segunda
segunda
LIGA GALEGA XUVENIL: Bergantiños CF – CD As Pontes (4-2)
Perdeu (4-2) o As Pontes Xuvenil na casa do líder Bergantiños e continúa cuarto pola cola, con 29 puntos, por 26 do Betanzos, 22 do Imperátor e 18 do Fátima, a falta de catro xornadas para o remate. Recibe na vindeira xornada ó Ordes, oitavo con 44 puntos. No encontro deste sábado os locais xa gañaban 4-0 no descanso e maquillaron Rey e Martín no segundo tempo o 4-2 definitivo. Xogaron polos de Felipe Mieres, Ángel, Esteban, Jandro, Gonza, Martín, Moi, Brais, Iván, Rey, Toni, Alex Fernández, e na segunda metade saíron Antonio, Lucho, Manuel, Nahúm e Alex Cabarcos.
LIGA FEMININA: FC Ortigueira – CD As Pontes (2-2)
Rematou a liga con empate a dous goles do equipo feminino en Ortigueira. A pesar de adiantarse na primeira metade con tantos de Lía e Noelia Ameneiro, non foron quen de conservar a vantaxe e as do Ortegal acabaron empatando no segundo tempo. Xogaron: Leti, Paula, Alba, Noelia Ameneiro, Lía, Carlota, Nuria, Silvia, Noelia Santalla, Uxía, Yara, Nicole e Andrea Pita. Acaban na cuarta praza con 56 puntos tras Racing de Ferrol (81), Mandiá (64) e Maniños (59).
LIGA CADETE: CD As Pontes – R. Ferrol B (4-3)
Vitoria apurada por 4-3 do cadete ante o Racing de Ferrol B, que os deixa cuartos a tres puntos da fase de ascenso. Lidera o Ánimas con 38, por 33 de Eume Deportivo, 32 de Meirás e 30 de As Pontes. O Cedeira é quinto con 29. Próxima visita ó colista Cultural Maniños.
“cadete”
cadete
cadete
cadete
cadete
cadete
cadete
cadete
cadete
cadete
LIGA INFANTIL: Narón BP – CD As Pontes (1-1)
Empatou o infantil ante o Narón e perdeu gran parte das súas poucas opcións de gañar a liga e queda pendente dun pouco previsible tropezo dos rivais de arriba, Portuarios que ten 43 e Ferrol que marcha con 42. Os azuis, terceiros con 40 reciben ó Miño, décimo.
1ª AUTONÓMICA ALEVÍN F-8 (2ª Fase)
SD Ánimas – CD As Pontes (4-2)
CD As Pontes B – Meirás CF (2-4)
Derrota do Alevín A na súa visita ó Animas B (4-2). Na vindeira xornada recibe ó Galicia de Caranza, terceiro. O Alevín B rematou a liga cunha derrota (2-4) ante o Meirás. Descansa a xornada que vén, e de momento marcha sexto con 12 puntos á espera do que fagan a vindeira semana os rivais que ten por detrás, Cebarca (12), Racing Ferrol D (11) e Rápido de Neda B (10).
“alevin”
alevin
alevin
alevin
alevin
alevin
alevin
alevin
alevin
alevin
1ª AUTONÓMICA BENXAMÍN F-8 (2ª Fase)
CD San Sadurniño – CD As Pontes (1-3)
CD As Pontes B – SDR Portuarios (1-3)
Gañou o Benxamín A 1-3 en San Sadurniño e perdeu o Benxamín B 1-3 ante o Portuarios. Marchan oitavos con 28 puntos e décimos con 18 respectivamente, recibindo ó penúltimo Eume B os primeiros e visitando ó quinto, Galicia de Mugardos, os segundos.
“benxamin”
benxamin
benxamin
benxamin
benxamin
benxamin
benxamin
benxamin
benxamin
benxamin
1ª AUTONÓMICA PREBENXAMÍN F-8 (2ª Fase)
Gª Mugardos – CD As Pontes (2-6)
CD As Pontes B – R. Ferrol C (0-2)
O Prebenxamín A gañou 2-6 en Mugardos, e quinto recibe ó Perlío, que ten os mesmos puntos, 26. O Prebenxamín B perdeu 0-2 ante o R. Ferrol C, que marchaba un posto por riba. Rematan a liga con cinco puntos descansando na derradeira xornada e agardando unha derrota do colista Cedeira B ante o cuarto clasificado, Ortigueira, para non pechar a clasificación.
“prebenxamin”
prebenxamin
prebenxamin
prebenxamin
prebenxamin
prebenxamin
prebenxamin
prebenxamin
prebenxamin
prebenxamin
prebenxamin
prebenxamin
Nova cortesía de Xosé A. Ferreiro e A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios