MALA XORNADA NO PLAY OFF DE ASCENSO

Escomezaba o intento de ascenso do equipo “B” padel Eume, os deportistas ponteses partian cara carballo na mañan do domingo con todas as ilusións postas en traer un bo resultado para a volta, e ter opcións de ascenso.
Pero tocou vivir a cara amarga da competición pois caeron derrotados por un contundente 5/0 co cal case que din adiós a algunha opción de ascenso, isto non empaña a gran tempada que se marcaron os ponteses acadando o subcampeonato de liga , pero topando con un equipo rival moi conxuntado e con moitas mais hora de padel no lombo.
Toni/Pena, Diego/Armando, Nino/Tito, Techu/Oscar , Portas/Vila deixaron sangue e sudor nas pistas carballesas, xogaron a un 200% luitando cada bola , deixando o ultimo alento pero pouco sirviu so se pudo traer un set a favor en toda a eliminatoria que o conseguiron Diego e Armando , non se pode reprochar o esforzo os valerosos ponteses pero tamen e de recoñecer a superioridade rival.
O final do encontro reinou a concordia e os dous equipos fixeron piña , uns contentos polo case ascenso de categoría e outros pola grandiosa tempada que realizaron , para a vindeira semana ultimo partido da liga nas pontes o cal será unha festa sin ter enconta o resultado.
Pola sua banda o equipo “A” xogaba contra os ferrolans de Padelmar que ocupaban o terceiro posto da clasificación , as duas escadras con numerosas baixas presentaban aliniacions novedosas e contra pronostico impuñanse os visitantes por un contundente 1-4 , a pesar de adiantarse en case todos os sets foi un completo desastre os finais de partido para padel Eume perdendo tres partidos en tres sets, ainda asi o primeiro posto case esta asegurado restando duas xornadas e recibindo os dous últimos clasificados, despois xogarase o tan buscado ascenso a 2ª categoría pero iso será outro cantar.
padel.jpg


Nova cortesía de Fernando Caaveiro

También podría gustarte
Comentarios