Amigus
As Pontes

CLUB DEPORTIVO AS PONTES: Resultados 30 – Abril / 1-3-4 / Maio – 2014

inicio
SEGUNDA AUTONÓMICA: SDR Ánimas – CD As Pontes B (1-4)
Goleada do As Pontes B en Ferrol ante o Ánimas (1-4), encontro xa resolto na primeira metade con 0-4, tantos de Darío, Criado, Marcos e Javi, o que os afianza na terceira praza xunto A Capela con 51 puntos, por detrás do ascendido Neda e Cedeira. Quedaríalles recibire ó Cariño. Xogou o As Pontes con Iván, Ferreiro, Moi, Darío, Héctor Antón, Martín, Criado, Toni, Javi, Troncho e Marcos Novo, saíndo Villar por Toni ó pouco de comezar o encontro e antes de finalizar o primeiro tempo Jandro por Marcos. Xa na segunda metade saíron Gonza, Rey e Ángel, nun encontro no que chegaron a xogar ata 7 xogadores do equipo xuvenil.


LIGA GALEGA XUVENIL: CD As Pontes – SD Club Ordes (0-1)
A mala noticia da xornada foi a derrota do xuvenil, que se complica moito a súa existencia. Ata que se aclare definitivamente a composición dos grupos para o ano que ven de momento hai tres descensos e o As Pontes viu como esta xornada caia na casa ante un Ordes que non se xogaba nada, 0-1, o Betanzos gañaba ó Fátima 2-0, co cal os santiagueses xa están descendidos, e un renacido Imperátor conseguía outro puntos máis ante o segundo clasificado. Así as cousas, os catro equipos implicados en descenso están da seguinte maneira, As Pontes e Betanzos 29 puntos, Imperátor 23 e Fátima, xa descendido, 18. Faltarían tres xornadas e toca visitar ó Ural, oitavo, para recibir ó Imperátor e rematar a Liga visitando ó descendido Fátima. No partido do sábado Felipe xogou con Manuel, Moi, Jorge, Martín, Marcos, Iván, Alex Fernández, Toni, Antonio, Jandro e Rey. No segundo tempo saíron Nahúm, Alex Cabarcos, Esteban e Brais Martínez.
“xuvenil”
xuvenil
xuvenil
xuvenil
xuvenil
xuvenil
xuvenil
xuvenil
COPA FEMININA
CD As Pontes – CD Cariño (1-0)
ACRD Santa Mariña – CD As Pontes (1-2)
Dobre triunfo do As Pontes feminino no inicio da copa. Sufriu no Poboado para gañar ó Cariño 1-0 no primeiro encontro do grupo da morte. O tanto chegou mediado o segundo tempo por medio da “Capitana” Patri Dopico, de penalti. Xogaron Alba, Nuria, Andrea Montero, Paula, Noelia Ameneiro, Lía, Patri, Carlota, Sara, Andrea Pita, Yara, Noelia Santalla e Silvia. O sábado venceu no difícil campo do Santa Mariña por 1-2, con goles de Nuria e Patri Dopico (de penalti). O As Pontes é primeiro do grupo con seis puntos, seguido do R. Ferrol con catro.
No partidazo da xornada, empate a 0-0 entre Racing de Ferrol e O Val, co cal os dous equipos de gañar os encontros que lle restan pasarían a semifinais case seguramente como campión e mellor segundo.
Unha vez rematada a Liga, o As Pontes conseguiu 73 goles, distribuídos da seguinte maneira: Paula (18), Carlota (14), Lía (12), Patri (6), Sara (5), Noelia Ameneiro (4), Leti e Andrea Pita (2), Nicole, Uxía, Nuria, Alba, Ángela e Yara (1). Catro tantos foron anotados polos rivais en propia meta.
“feminino”
feminino
feminino
feminino
feminino
feminino
feminino
feminino
LIGA CADETE
C. Maniños – CD As Pontes (1-4)
CD As Pontes – SDR Portuarios B (5-1)
Dobre triunfo do equipo Cadete, que venceu 1-4 en Maniños ó Cultural e 5-1 ó Portuarios B. Escala á segunda posición xunto ó Eume Deportivo, pero cun partido máis, con 36 puntos, tras Ánimas (41). Descansan a semana que ven e rematan a Liga visitando ó Cedeira.
“cadete”
cadete
cadete
cadete
cadete
cadete
cadete
cadete
LIGA INFANTIL
CD As Pontes – AD Miño (11-0)
Eume Dep. – CD As Pontes (1-2)
Tamén dobre triunfo do Infantil, que goleou 11-0 ó Miño e gañou 1-2 en Pontedeume, aproveitando o empate 2-2 entre Ferrol B e Portuarios para engancharse á loita polo título. Colocase segundo con 46 puntos empatado con Ferrol B, e a un punto de Portuarios que ten 47. Queda recibir ó Val, visitar ó San Pedro, e agardar.
“infantil”
infantil
infantil
infantil
infantil
infantil
infantil
infantil
1ª AUTONÓMICA ALEVÍN F-8 (2ª Fase)
CD As Pontes – Gª Caranza (1-5)
R. Ferrol C- CD As Pontes (8-0)
O Alevín A perdeu 1-5 co Galicia de Caranza, terceiro, e 8-0 co R. Ferrol C, sexto. Xogará o próximo sábado co penúltimo, Amistade de Meirás, tentando buscar o cuarto punto. Lamentar a lesión do seu adestrador e xogador do A Capela, Álex Antón, quen ó querer enviar un balón esvarou caendo sobre o cóbado esquerdo. Foi trasladado a un centro sanitario onde lle diagnosticaron unha luxación. O Alevín B, que descansou esta semana, quedou definitivamente sétimo con 12 puntos, por diante de R. Ferrol D (11) e Rápido de Neda B (10).
“alevin”
alevin
alevin
alevin
alevin
alevin
alevin
alevin
1ª AUTONÓMICA BENXAMÍN F-8 (2ª Fase)
CD As Pontes – Eume Dep. (1-0)
Gª Mugardos – CD As Pontes B (12-4)
CD As Pontes B – CD As Pontes (0-6)
O Benxamín A gañou 1-0 ó Eume Deportivo B, mentres que o Benxamín B perdeu 12-4 co Galicia de Mugardos. No derbi que os enfrontou este sábado no Poboado gañou o A ó B por 0-6. Están sétimo con 34 puntos e décimo con 18, respectivamente. O A recibe ó R. Ferrol D, líder, e o B visita ó Cedeira, terceiro.
“benxamin”
benxamin
benxamin
benxamin
benxamin
benxamin
benxamin
benxamin
1ª AUTONÓMICA PREBENXAMÍN F-8 (2ª Fase)
CD As Pontes – CCRD Perlío (9-3)
Gª Caranza – CD As Pontes (1-2)
Dobre triunfo do Prebenxamín A por 9-3 ante o Perlío, equipo co que estaba empatado a puntos, e 1-2 en Caranza ante o Galicia C. Sitúanse como cuarto mellor equipo da comarca, só por detrás de Narón BP, R. Ferrol e Galicia Caranza B, con 32 puntos a falta de dúas xornadas. A semana que vén reciben ó Val, sétimo, no último partido, pois na derradeira xornada descansan. O Prebenxamín B descansou nesta xornada, e coa derrota de Cedeira B ante o Ortigueira por 1-5, rematan a Liga penúltimos con 5 puntos, por 4 dos cedeireses.
“prebenxamin”
prebenxamin
prebenxamin
prebenxamin
prebenxamin
prebenxamin
prebenxamin
prebenxamin
prebenxamin
prebenxamin
prebenxamin
prebenxamin
prebenxamin
prebenxamin
CATEGORÍA BIBERÓN
CD As Pontes – SD Barallobre (2-1)
Triunfo do equipo biberón ante o Barallobre por dous a un. O equipo pontés venceu en dous cuartos (1-0 e 2-0) e o Barallobre un (o-1), mentres que o outro rematou con empate a ceros.
“biberon”
biberon
biberon
biberon
biberon
biberon
biberon
biberon
biberon
biberon
biberon
biberon
biberon
biberon
biberon
biberon
biberon
biberon
biberon
biberon
biberon
biberon
Nova de Xosé A. Ferreiro e A.F.

También podría gustarte
Comentarios