CLUB DEPORTIVO AS PONTES: RESULTADOS DA FIN DE SEMANA 15-17 DE MARZO

TERCEIRA DIVISIÓN: S.D. NEGREIRA – C.D. AS PONTES (1-1)
Empate a un gol do As Pontes en Negreira nun campo que sempre se lle deu ben con catro vitorias e unha derrota, a da pasada temporada, nos cinco enfrontamentos anteriores, dous na Serie A e tres en Terceira División. Mediado o primeiro tempo comezou adiantándose o As Pontes por medio de Bossa, que transformou un penalti cometido sobre Dieguito, como Panenka no 76. Pero o Negreira xogábase moito neste encontro, e por riba estaba contra as cordas cos sorprendentes triunfos do Dorneda en Cerceda (2-3) e o Vilalonga en Bouzas (1-3), así que necesitaba a vitoria máis que nunca e temíase que na segunda metade conseguiría a remontada o equipo máis necesitado. E así foi que os locais saíron a por todo e Munín tivo dúas ocasións, e incluso Otero estrelou un balón no longueiro pero acabou marcando a cinco minutos do final. Por fortuna os azuis conservaron o empate e suman 44 puntos na oitava posición. A vindeira xornada reciben ó Céltiga, que se xoga a salvación. Xogaron polo Club Deportivo As Pontes: Kiko, Rochela, Chote, Pablo López, Hugo, Nano, Bossa, Cañizares (Eloy 78´), Iván (Amado 69´), Dieguito (Esmorís 58´) e Sergio Arias.
benxamin_a_0016.jpg


SEGUNDA AUTONÓMICA: C.D. CARIÑO – C.D. AS PONTES B (1-1)
En Segunda Autonómica, empate (1-1) do As Pontes na complicada visita ó Cariño, con tanto de Borja. Rápido de Neda 51, Miño 50, Ortigueira 47, As Pontes e San Mateo 45, Cariño e Numancia 44. A semana que vén reciben ó Narahío, duodécimo con 26 puntos, e necesitan buscar a vitoria para manterse con opcións.
C.D. AS PONTES FEMININO (Copa de Galicia)
Non xogou o seu encontro o equipo feminino por retirada da Copa de Galicia do equipo ourensán do CD Rúa. Así as cousas, o grupo queda con tres equipos, dos que os dous primeiros se clasificarán para a seguinte rolda, co cal antóllase vital o encontro na casa diante do Orzán SD B despois do empate na Coruña, pero si se pode sacar algo positivo da visita a Melide a semana que vén, moito mellor. Máis información en http://aspontesenfeminino.wordpress.com/
CATEGORÍA INFANTIL: ÁNIMAS S.D. – C.D. AS PONTES (1-3)
Vitoria do equipo infantil con máis apuros dos previstos ante o pechacancelas Ánimas (1-3). Dobrete de Josiño e un de Sergio Otero. Non ceden o Racing que venceu 10-1 ó Cedeira, o Portuarios 1-7 e Ares, e máis sufrida a do Ortigueira 0-1 en Narón, co que os verdes suman 39, por 37 do As Pontes, 32 do Portuarios e 29 do Ortigueira. O Val 25, Eume 21, e o sétimo clasificado Galicia de Caranza B, con 18, visita o Poboado a vindeira semana.
CATEGORÍA ALEVÍN
Boa vitoria (2-4) do Alevín A ante o San Pedro B. Dous goles de Chema, máis un de Antón Paz e Alejandro. Quintos con 17 puntos no grupo dos mellores reciben o sábado a todo un Racing de Ferrol, que marcha terceiro por detrás de O Val e Caranza B. O Alevín B empatou 0-0 diante do Cedeira C, que a pesar de todo, é o mellor dos tres equipos de Cedeira. Quintos con 19 puntos, visitan ó Cedeira A, sétimo con 11 puntos.
CATEGORÍA BENXAMÍN
Na súa loita polo título non cede o Benxamín A que venceu 7-1 ó Numancia de Ares, con dobretes de Dani, Joan e Jandro e un de Javi. Pero tampouco perdoa o Rápido de Neda que gañou 4-6 en Pontedeume. Con 40 puntos o As Pontes e 38 o Rápido, antes do descanso de Semana Santa, os azuis visitan ó sexto, Meirás, mentres os de Neda visitan ó cuarto, Numancia de Ares. O Benxamín B perdeu por 3-1 (gol de Hugo) en Ferrol ante o Portuarios, co que os ferroláns se lles achegan na clasificación e quedan a un punto. Os azuis son oitavos con 13 puntos preparándose para a Semana Santa, quédalles iniciar a procesión coa visita do líder San Pedro B, que só cedeu un empate no que vai de liga.
benxamin_a_
benxamin_a_
benxamin_a_
benxamin_a_
benxamin_a_
benxamin_a_
benxamin_a_
benxamin_a_
benxamin_a_
benxamin_a_
benxamin_a_
benxamin_a_
benxamin_a_
benxamin_a_
benxamin_a_
benxamin_a_
benxamin_a_
benxamin_a_
CATEGORÍA PREBENXAMÍN
O Prebenxamín A perdeu 3-0 ante o cuarto clasificado, Galicia de Mugardos. Son oitavos con 9 puntos e reciben o vindeiro sábado ó EFR Ferrol B, que é quinto. Derrota do Prebenxamín B ante o San Sadurniño (1-5) con tanto da honra de David Carballo. Sétimos con 14 puntos e despois de superar as dúas etapas dolomíticas, visita ó quinto clasificado, Portuarios ferrolán.
prebenxamin_b_
prebenxamin_b_
prebenxamin_b_
prebenxamin_b_
prebenxamin_b_
prebenxamin_b_
prebenxamin_b_
prebenxamin_b_
prebenxamin_b_
prebenxamin_b_
prebenxamin_b_
prebenxamin_b_
prebenxamin_b_
prebenxamin_b_
prebenxamin_b_
prebenxamin_b_
prebenxamin_b_
prebenxamin_b_
prebenxamin_b_
prebenxamin_b_
Nova cortesía de Xosé A. Ferreiro e A.F.

También podría gustarte
Comentarios