Amigus
As Pontes

TERCEIRA DIVISIÓN DE FÚTBOL SALA: PAZOS DE BORBÉN F.S. – O ESTEO F.S. (4-6)

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

Salvo unha catástrofe o Esteo é novo equipo de Segunda División B despois de gañar (4-6) este sábado na pista do seu máis inmediato perseguidor, o Pazos de Borbén, equipo que nunca se deu por vencido, pero que tivo que ceder os tres puntos ó mellor conxunto da categoría. O partido estivo igualado, sobre todo na primeira metade, cun Esteo que realizou unha boa defensa e bos combinacións en ataque, o que lle permitiu irse ó descanso coa mínima vantaxe de 2-3, con tantos materializados por Fran, en dúas ocasións, e Rubi. Na segunda parte, Rubi, o mellor dos ponteses, anotaba dous tantos en menos de doce segundos, o segundo nunha bonita vaselina, o que poñía o marcador moi favorable para os ponteses. Sen embargo, os locais sacan porteiro-xogador e acurtan diferenzas ata un perigoso 4-5. Pero, volve a saír a clase de Rubi, que rouba un balón a falta dun minuto e medio e chega só á portería local para marcar a pracer o sexto gol, o cuarto da súa conta particular, e sentenciar o encontro.
Na vindeira xornada, sábado 23 de abril, o Esteo recibe no pavillón da Fraga ó Rececende da Pontenova, que nesta xornada empatou na casa ante o 5-Coruña e ocupa a sétima posición con 42 puntos. De gañar este partido, o Esteo proclamarase matematicamente campión de liga e pode cantar o “alirón” diante dos seus afeccionados. Será un fito histórico no fútbol sala pontés, pois o Esteo pode lograr o primeiro título de liga recordando así ó histórico Autos Puentes FS dos anos oitenta e noventa do século pasado.
O-Esteo-FS-2012-13.jpg


FICHA DO PARTIDO
PAZOS DE BORBÉN FS: Bizza, Jony, Lu, Lito, Cobo –cinco inicial- José Santi, Borja e Esteban
O ESTEO FS: Choto, Pellón, Gerardo, Fran, Rubi –cinco inicial- Héctor, Bolly, Héctor e Gerveno.
ÁRBITROS: Vázquez Castellanos e Crestelo Blanco (Ourense). Amoestaron ó local Bizza e a Pellón, do Esteo.
GOLES: Min. 1 (0-1), Fran. Min. 6 (1-1), Cobo. Min. 8 (1-2), Fran. Min. 14 (1-3), Rubi. Min. 19 (2-3), Lito. Min. 30 (1-4), Rubi. Min. 31 (2-5), Rubi. Min. 33 (3-5), Santi. Min. 38 (4-5), Borja. Min. 39 (4-6), Rubi.
INCIDENCIAS: Partido da 25ª xornada de Terceira División de fútbol sala disputado no pavillón municipal de Pazos de Borbén, ante uns 200 afeccionados nas gradas.
Nova cortesía de A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios