CLUB DEPORTIVO AS PONTES: RESULTADOS FIN DE SEMANA 26-27-28 DE ABRIL DE 2013

O BENXAMÍN “A” CAMPIÓN DE LIGA: C.D. Cariño – C.D. As Pontes (2-5)
Comezamos o repaso semanal co sensacional título de Liga do equipo Benxamín A, un campionato que nos gustaría fora na casa, pero celebrárono polo alto en Cariño, onde gañaron 2-5 (goles de Dani -2- Joan -2- e Jandro), e axudou o sorprendente empate do Rápido de Neda a domicilio ante o noveno clasificado, Cebarca (3-3), que fai que os azuis xa sexan campións matemáticos, pois a falta de dúas xornadas suman 55 puntos, por 48 do Rápido de Neda 44 do Numancia de Ares. O Galicia de Mugardos faralles o pasillo o mércores no Poboado.
benxamin


TERCEIRA DIVISIÓN: Bergantiños F.C. – C.D. As Pontes (2-0)
Grave tropezo do equipo de Terceira División que perdeu 2-0 en Carballo cun xa descendido Bergantiños, e aproveitouno o Ordes que, tras gañar en Somozas (0-2), colócase momentaneamente como oficioso liderato dos modestos. Dos tres equipos descendidos, o Narón perdeu 1-3 co Vilalonga, o Céltiga 0-4 co Betanzos, pero o Bergantiños, despois de seis derrotas seguidas e só tres puntos conseguidos nos once últimos encontros, volveulle a gañar a partida ós azuis, como sucedera hai once meses e medio no que se xogaban o descenso de categoría, e ademais venceu con solvencia e xogando máis ante un As Pontes que realizou o peor partido da temporada, con dous tantos anotados no primeiro tempo. Iso, a pesar de ter a metade de puntos cós ponteses, que, sendo sétimos con 53 puntos, reciben precisamente ó Ordes na vindeira xornada, que ten dous puntos máis e un gran equipo con Padín, Capelo ou Cabrejo, ó que hai que gañar si ou si para aspirar a lograr a liga dos modestos.
LIGA GALEGA XUVENIL: S.C.D. Milagrosa – C.D. As Pontes (2-0)
Derrota do equipo xuvenil en Lugo ante a Milagrosa (2-0), pero agradecen as derrotas de Boiro e Negreira, co que o descenso sigue estando a seis puntos quedando doce por xogarse. Visita ó xa descendido Brexo Lema en Cambre onde resulta obrigado conseguir o triunfo, pero o As Pontes leva seis visitas sen coñecer a vitoria.
PRIMEIRA AUTONÓMICA CADETE: Numancia de Ares – C.D. As Pontes (2-5)
Vitoria a domicilio do cadete en Ares (2-5) igual que a de O Val ante Perlío (4-1) e a do Galicia de Caranza ante o Mugardos (5-0). Galicia de Caranza 55, O Val 46 e As Pontes 44. Marcaron Brais Blanco (2), Fernández, Iago e David Rey. A falta de tres xornadas os de Caranza son virtuais campións de Liga a falta de asegurar un punto máis. Os ponteses reciben ó sempre complicado Eume Deportivo, quinto con 29 puntos.
PRIMEIRA AUTONÓMICA INFANTIL: C.D. As Pontes – Cedeira S.D. (12-0)
Contundente vitoria do infantil, 12-0 diante do Cedeira, e tamén vitoria do Racing de Ferrol, 1-4 ante o Numancia de Ares. Racing de Ferrol con 52, As Pontes 50, Portuarios 44, Ortigueira 41, e O Val 37. Visita ó sexto clasificado, Eume Deportivo, o vindeiro mércores.
infantil
infantil
infantil
infantil
infantil
infantil
infantil
infantil
infantil
infantil
CATEGORÍA ALEVÍN F-8:
C.D. As Pontes – Amistade Meirás (2-2)
Eume Dep. B – C.D. As Pontes B (5-1)
O Alevín A empatou a dous goles co Amistade de Meirás. Sétimos con 18 puntos, reciben ó Narón BP, cuarto clasificado. Pola súa banda, o alevín B perdeu 5-1 (gol de Nono) co líder Eume Deportivo B. Ocupa a sexta posición con 25 puntos recibe ó Cebarca, oitavo.
CATEGORÍA BENXAMÍN F-8: C.D. As Pontes B – S.D. Ánimas (2-4)
Derrota do Benxamín B por 2-4 (goles de Iker e Hugo) diante do segundo, Ánimas. Son oitavos con 17 puntos e na vindeira xornada visitan ó San Sadurniño, décimo.
CATEGORÍA PREBENXAMÍN F-8
C.D. As Pontes – R. Ferrol (2-1)
Galicia Caranza B – C.D. As Pontes B (4-3)
Despediu a liga con triunfo o Prebenxamín A, que venceu 2-1 (goles de Álex Montero e Diego ó Racing de Ferrol e remataron na oitava posición no Grupo A con 12 puntos. Arrasou o Galicia de Caranza con pleno de 18 vitorias e convértese así no mellor equipo da zona, seguido de Rápido de Neda B e Perlío. O Prebenxamín B pola súa banda, perdeu 4-3 diante do Galicia de Caranza B e despediu a competición no Grupo B na sétima posición con 20 puntos.
prebenxamin
prebenxamin
prebenxamin
prebenxamin
prebenxamin
prebenxamin
prebenxamin
prebenxamin
prebenxamin
prebenxamin
prebenxamin
prebenxamin
Nova de Xose A. Ferreiro e A.F.

También podría gustarte
Comentarios