SEGUNDA AUTONÓMICA: C.D. As Pontes B U.D. Somozas B (4-0)
Vitoria clara e contundente por 4-0 do segundo equipo do As Pontes diante do Somozas B. Ó descanso os ponteses xa gañaban por un gol a cero con tanto de Marcos Novo despois dun saque de esquina. Na segunda parte Moya anotou de penalti e despois Fermín e Púas redondearon a vitoria local nun encontro disputado no campo principal do Poboado ante uns cen espectadores.
Polo As Pontes B xogaron: Juan (Iván), Ferreiro, Carlos, Palas, Nando, Totti (Álex Antón), Villasuso, Vicente, Moya (Borja), Marcos Novo (Púas) e Fermín (Hugo).
No resto dos rivais, o líder Miño venceu 4-0 á Capela, en duelos directos o Neda goleou ó Cariño 4-1, o Ortigueira avasallou ó San Mateo 7-0 e o Numancia perdeu 4-2 en San Sadurniño.
Miño 62, As Pontes 60, Neda 57, Ortigueira 57, Cariño 54, San Mateo 52 e Numancia 51.
O As Pontes recibe a semana que ven a un xa descendido Xuventude de Cabanas e aínda perdendo garante xogar a promoción, pois ten a favor o goal average particular con Neda e Ortigueira e tamén no caso de que os tres equipos empatasen a 60 puntos.
Máis complicado está superar ó Miño, pois aínda que tamén teñen o goal average a favor e no caso de gañar os azuis e unha derrota ou empate do Miño daríalles o título. Pero semella un tanto complicado que o actual líder non gañe a domicilio ante un descendido e derradeiro clasificado Barallobre.
Nova cortesía de Xose A. Ferreiro e A.F.