Rematou a tempada o primeiro equipo coa derrota por 3-0 no campo do Compostela, dous de Diego Peláez e un de Franqueira. Conclúe o ano como campión galego de modestos e undécimo equipo galego tras Deportivo, Celta, Lugo, Coruxo, Ourense, Ferrol, Celta B, Compostela, Deportivo B e Pontevedra. Toca felicitar a Manolo, Fontao, Boo, xogadores, Xaime e resto da directiva. Campión de Liga Racing de Ferrol con 97 puntos, Celta B 77, Compostela 73, Deportivo B 71 (os catro equipos xogarán a fase de ascenso), Pontevedra 63, As Pontes 59, Ordes 55, Rápido de Bouzas e Alondras 52, Racing Vilalbés e Cerceda 48, Somozas, Betanzos e Barbadás 47, Negreira e Dorneda 45. Tamén con 45, pero descendido polo goal average, o Vilalonga, Bergantiños 30, Céltiga 25 e Narón 20. Ascenden de Preferente Boiro, Grixoa, do Grupo Norte, e Cultural Areas e Choco de Redondela, do Grupo Sur. Bertamiráns e Arousa mantéñense á espera por se hai algún ascenso A Segunda B.
COPA DELEGACIÓN FERROL DE AFECCIONADOS: Gª Mugardos-C.D. As Pontes B (5-1)
O segundo equipo pontés, centrado na fase de ascenso, perdeu (5-1) na primeira eliminatoria da Copa de Afeccionados ante un dos favoritos, o Galicia de Mugardos, que competiu co primeiro plantel. Do partido da fase ascenso a Primeira Autonómica ver crónica aparte.
COPA ASOCIACIÓN DE FÚTBOL DA COMARCA
Categoría Cadete
CD San Sadurniño-CD As Pontes (0-3)
UD Cebarca-CD As Pontes (1-4)
Na categoría cadete o As Pontes desprazouse a xogar as súas eliminatorias á Barqueira. Caeu nun grupo asequible, con tres equipos do Grupo B da Liga, San Sadurniño (2º), Ortigueira (5º) e Cebarca (9º), sendo o As Pontes o terceiro clasificado do Grupo A, so por detrás de Caranza e empatado a puntos co Val. Gañou en semifinais ó Ortigueira, 3-0, e na final impúxose ó Cebarca, 4-1. PasaN a semifinais polo Eume Deportivo (Grupo A), Perlío (Grupo B) e O Val (Grupo C). As semifinais, a ida e volta os días 24 e 25 de Maio, enfrontarán ó Perlío, sétimo clasificado da liga, co Val (2º) e ó Eume Deportivo (5º) co As Pontes, terceiro.
Categoría Infantil
CD As Pontes-FC Ortigueira (1-1, 5-3)
CD As Pontes-Narón BP B (3-0)
Na categoría Infantil tocoulle ó As Pontes o grupo máis complicado, non hai discusión, torneo no que non xogan os equipos ferroláns. Polo tanto o campión de liga Racing de Ferrol e o Portuarios (3º) non están presentes. Caeron no mesmo grupo As Pontes (2º), Ortigueira (4º) e O Val (5º). O teórico novel era o Narón B, sexto clasificado do Grupo B. En semifinais do Grupo D xogado no Poboado impúxose o As Pontes ó Ortigueira por penaltis (5-3) tras empatar o encontro a un gol, tanto de Andrés, e sorprendeu o Narón B ó Val tamén na quenda de penas máximas. Xa na final gañou o As Pontes ó Narón B por 3-0, 2 de Sergio e un de Alex Barro. No grupo A pasou o Eume Deportivo, no B o Maniños e no C o Narón A, polo tanto as semifinais do torneo, tamén a ida e volta os días 24 e 25 de Maio, emparellaran ó Eume Deportivo (7º na liga) co As Pontes (2º), e ó Narón A (8º) co Cultural Maniños (10º).
OUTROS RESULTADOS
COPA BENXAMÍN A (en Narón)
CD As Pontes-Meirás CF (1-0)
R. Neda-CD As Pontes (2-0)
TORNEO DO DEPORTIVO (Abegondo)
ALEVIN A
Ciudad Jardin-CD As Pontes (0-2)
Ural-CD As Pontes (2-0)
BENXAMÍN
CD As Pontes-Olímpico de Rutis B (2-0)
Orillamar-CD As Pontes B (7-0)
San Cristóbal-CD As Pontes (1-0)
CD As Pontes B-Vista Alegre B (2-0)
TORNEO ALEVÍN CIDADE DE NARÓN (Narón)
Gª Caranza B-CD As Pontes (7-0)
R. San Pedro-CD As Pontes (2-5)
R. Ferrol-CD As Pontes (4-0)
Nova cortesía Xose Ferreiro e A.F.