CLUB DEPORTIVO AS PONTES: Resultados 7/8/9 – Febreiro – 2014

CD-As-Pontes-escudo.pngSEGUNDA AUTONÓMICA: Mandiá CF – CD As Pontes B (1-1)
Empate do segundo equipo pontés na súa visita ó Mandiá (1-1), tanto de Javi. Xogaron polo As Pontes B, Iván Parapar, Nando, Juancito, Totti, Carlos, Dani Villar, Vicente, Samuel, Javi, Troncho e Rubén. Na segunda parte saíron Adrián e Vilasuso. A vindeira xornada reciben ó líder do grupo, Cedeira, que comanda a clasificación con 40 puntos, por 37 do Neda, 32 da Capela e 31 do As Pontes B.
LIGA GALEGA XUVENIL: SD Negreira – CD As Pontes (2-1)
Paso atrás do xuvenil, que perdeu 2-1 en Negreira, con gol de Rivas, de penalti. Seguen as cousas moi difíciles. A día de hoxe, con catro descensos claros, O Val 19, As Pontes 17, Imperátor 13, e Fátima, que segue sumando, con 10. Necesidade imperiosa de vencer na vindeira xornada ó Betanzos, que xa ten 25 puntos, xunto co Victoria B, por 24 do Ordes e 23 do Orillamar, equipo que marca a criba do descenso.
LIGA FEMININA: SD Rápido Neda – CD As Pontes (1-4)
Boa vitoria do equipo feminino que venceu por 1-4 en Neda, con dous tantos de Paula, que xa leva 16, un de Patri e outro de Noelia. Son cuartas na clasificación con 38 puntos. Na vindeira xornada reciben ó antepenúltimo, ó CD Cedeira.


LIGA CADETE: CD As Pontes – SD Cultural Maniños (5-2)
O cadete venceu no seu “exilio” dos Calzados, na Capela, por 5-2 á Cultural Maniños, con dous goles de Josiño e un de Blanco, Andrés e Iago Vázquez. Ocupa a quinta posición con trece puntos. Na vindeira xornada visitan ó Portuarios B.
1ª AUTONÓMICA ALEVÍN F-8 (2ª Fase)
Galicia Caranza – CD As Pontes B (3-2)
CD As Pontes B – UD Cebarca (6-0) – Xogado no campo dos Calzados
O Alevín A perdeu 3-2 en Caranza ante o terceiro clasificado, antes de recibir ó Racing de Ferrol C. Moi ben o Alevín B que venceu (6-0) no campo dos Calzados (A Capela) ó Cebarca, da Barqueira. Con sete puntos, reciben na vindeira xornada ó Meiras, que é terceiro.
1ª AUTONÓMICA PREBENXAMÍN F-8 (2ª Fase)
CCRD Perlío – CD As Pontes (3-3)
CD As Pontes B – SD R. Neda (1-2) – Xogado no campo dos Calzados
O prebenxamín A empatou a tres goles en Fene ante o Perlío. Con cinco puntos reciben ó Galicia de Caranza C, que ten sete. O Prebenxamín B perdeu (1-2) co Rápido de Neda B en partido disputado no campo dos Calzados. Na vindeira xornada visitará ó Racing de Ferrol C, que é o derradeiro clasificado.
PARTIDOS SUSPENDIDOS
Tódolos partidos, incluídos os que os equipos do As Pontes tiñan que xogar como local, disputáronse fóra da vila pontesa, debido ó mal estado dos distintos campos das instalacións do Poboado. Aqueles encontros nos o As Pontes xogaba como local disputáronse no campo de fútbol dos Calzados, do concello da Capela. Con todo iso, non se xogou o As Pontes B-Cedeira de categoría benxamín, debido ó mal tempo, pero si se xogaron os de categoría alevín e prebenxamín. Polo mesmo motivo foron aprazados os partidos que se ían xogar o venres, Miño-As Pontes (infantil) e R. Ferrol D-As Pontes (benxamín).
Nova cortesía de Xosé A Ferreiro e AF

También podría gustarte
Comentarios