Amigus
As Pontes

Club Silex: Trofeo Concello de As Pontes

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

O pasado sábado 7 de xaneiro celebrabase a doceava edición do Trofeo Concello de As Pontes, organizada polo Club Silex no Pavillón Municipal de As Pontes. Competición recoñecida pola FGTA para a obtención da subvencion para o Cpto de España e nesta ocasión homologada FITA o que supon que as puntuacións obtidas serán recoñecidas pola Federación Internacional.
Os 76 participantes iniciaban a competición as 15.30, en 14 categorías ainda que so se pudieron disputar 5 categorías, xa que no resto non participaron arqueiros en suficiente numero, é necesario un mínimo de 5 arqueiros para que se dispute dita categoría. A boa organización do Club Silex facilitou que o trofeo discurrise a bon ritmo, asi as 18,30 terminabanse as series de clasificación, después dun descanso para repoñer forzas iniciabanse as eliminatorias nas 5 categorías que tiñan a participación suficiente para ser disputadas.
Do “Round” clasificatorio destacar a puntuación obtenida por Miguel Alvariño a mais alta do Trofeo e superior de largo o que nos ten acostumbrados, lastima que non conseguira un bon resultado final que corroborara o seu bon estado técnico e deportivo.
silex.jpg


Nos resultados finais podemos destacar a victoria do Paralimpico, Guillermo Rodriguez (Arco Ferrol) na categoría de Arco Composto senior home o ganarlle a Jose Viña de ArcTeixo. En terceiro lugar quedou Arturo Salvador (ArcoBarco).
O Lucense Gabriel Galante do Club CastelArco (Alfoz) impoñiase a Brais Seoane, do Ares Arco, na categoría Arco recurvo infantil home, despois de ter que disputarse o desempate. O terceiro posto foi para o arqueiro de Ares Arco Pablo Seoane.
Na categoría Arco recurvo veterán home o local Adriano Romero impoñiase a Anxo Grandal do Arco Naron, na 5ª e última entrada da eliminatoria. O terceiro foi José Fernanadez de Ares Arco.
Igual de disputada foi a final da categoría Arco Recurvo senior muller, donde Jenifer Bartuca impusose na 5ª e última entrada a compañeira de Club Ana Fernández ambas do Arco Ferrol. Terceiro posto para Mónica Pérez do Universitario de A Coruña.
Na última categoría en liza. Arco recurvo senior home Justo García, de ArcoBarco, gañaba ó local Carlos Romero, que viña realizando unhas eliminatorias esplendidas e sin contestación dos seus contrincantes, onde se impuso a Miguel Alvariño, primeiro, e Jaime Santamaria despois. Terceiro posto para Ivan Castro de Arco Ferrol.
Na entrega de trofeos contamos coa presenza de Dona Montserrat García, Concelleira de Industria e Diputada Provincial, Don Eladio Bouza Concelleiro de Seguridade Ciudadá e Don Jorge Mato Presidente da Federación Galega de Tiro con Arco.
Non queremos deixar de mencionar a axuda do Concello de As Pontes e en concreto os responsables da area de Deportes, José e Ana, e por suposto os voluntarios, que colaboraron tanto na instalación do evento como no desarrollo do mesmo, sin todos eles a organización do Trofeo Concello de As Pontes non seria elogiada por participantes e autoridades presentes.
torneo_silex__001.jpg
torneo_silex__001.jpg
torneo_silex__001.jpg
torneo_silex__001.jpg
torneo_silex__001.jpg
torneo_silex__001.jpg
torneo_silex__001.jpg
torneo_silex__001.jpg
torneo_silex__001.jpg
torneo_silex__001.jpg
torneo_silex__001.jpg
torneo_silex__001.jpg
torneo_silex__001.jpg
torneo_silex__001.jpg
torneo_silex__001.jpg
torneo_silex__001.jpg
torneo_silex__001.jpg
torneo_silex__001.jpg
torneo_silex__001.jpg
torneo_silex__001.jpg
torneo_silex__001.jpg
torneo_silex__001.jpg
torneo_silex__001.jpg
torneo_silex__001.jpg
torneo_silex__001.jpg
torneo_silex__001.jpg
torneo_silex__001.jpg
torneo_silex__001.jpg
torneo_silex__001.jpg
torneo_silex__001.jpg
Nova cortesía Club Silex

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios