Clube Patín As Pontes

O Clube Patín As Pontes compite esta fin de semana en Bergondo nunha nova proba de niveis organizada pola Federación Galega de patinaxe.
O Clube, que tan só conta cun ano dende a súa formación, agrupa xa a unha decea de competidores, que van acudir á terceira cita neste tempo.
Desta vez, a adestradora, a laureada Olalla Barcia, toda unha lenda da patinaxe pontesa, leva a oito patinadoras e un patinador, a cifra máis alta dende que se formou o equipo.
No nivel dous estarán Carla, Irea, e Carolina; no tres Naia, Adrián, e Jessica; e, por último, no catro examinarase Romina.
O novo Clube pontés recupera a sí un deporte que deu grandes éxitos á vila pontesa, e que agora conta cunha nova canteira con nenos e nenas que agora terán a ocasión de seguir avantand, en tan só un ano, ata niveis que os aproximen ás competicións xa por títulos individuais.
A competición deste sábado celebrarase ó longo de todo o día no pavillón municipal de Bergondo organizada polo Clube local Patiber.
patin.jpg


Nova cortesía do Clube Patín As Pontes

También podría gustarte
Comentarios