ESTE SÁBADO CELÉBRASE EN AS PONTES O CAMPIONATO GALEGO JUNIOR DE TAE KWON-DO

Este sábado 10 celebrarase nas Pontes o campionato galego junior de taekwondo na modalidade de combate, que contará coa participación de máis de cen deportistas de toda Galicia, entre os que se atoparán medallistas estatais e internacionais. A competición está organizada pola Escola Municipal de Taekwondo das Pontes en colaboración co concello das Pontes.
A competición comezará ás dez da mañá (10,00) no pavillón municipal da Fraga con entrada gratuíta para o público. Na xornada da tarde (17,30) haberá un encontro na modalidade de “dual meet” entre os alumnos da escola municipal e da Escola Luar, co obxectivo de ofrece unha posta en escea ós máis novos para adquirir un nivel suficiente, para así poder participar en eventos de maior nivel.
junior-21.jpg


Nova cortesía de A.F.

También podría gustarte
Comentarios