COFRARIAS PONTESAS DENDE O SECULO XV (IV)

A COFRARÍA DO SANTÍSIMO 1645-1917
A pintura ó óleo máis antiga, que se conserva en As Pontes, é un fragmento (rostro da Virxe) do lenzo do Monumento do Xoves Santo, pintado no 1702, que desgraciadamente foi reutilizado polos grupos de Acción Católica polo anverso, pintándolle motivos decorativos e recortándoo. Estivo durante moitos anos almacenado na cabana do cementerio vello en pésimas condicións, e o resto dos fragmentos –como acontece coa maior parte dos telóns do Xoves Santo de moitas vilas galegas-, foron queimados baixo a comprensión popular de “telas vellas”.

TELÓN DO XOVES SANTO, 1702
telon_xoves_santo1.jpg


Teño, no obstante, sospeitas de pinturas máis primitivas, que poderán ser recuperadas algún día, e que a día de hoxe, atópanse “perfectamente conservadas” en frescos encalados na parede posterior a varios retablos (como aconteceu recentemente na parroquia de Igrexafeita).

FOTO DO TELÓN DO XOVES SANTO, DETALLE
telon_xoves_santo.jpg

FOTO DOS DEBUXOS REALIZADOS NO ANVERSO POLA ACCIÓN CATÓLICA PARA AS OBRAS DE TEATRO E OUTROS USOS
telon_xoves_santo2.jpg

A Cofraría do Santísimo de As Pontes conserva, no Arquivo Diocesano de Mondoñedo, catro libros de contas:
Primeiro Libro: 1645-1725
Segundo Libro: 1736-1810
Terceiro Libro: 1811-1859
Cuarto Libro: 1851-1917 (inclue ó final do libro a Cofraría do Rosario dende 1851 á 1913).
En 1645 o Maiordomo da Cofraría era Gonzalo de “Cerbicol”, e o párroco de As Pontes Don Gonzalo Díaz de Aguiar y Pardo. O día da festa do Corpus de ese ano oficiaron nove cregos. A festividade do Corpus era moi celebrada na Vila, e na procesión non faltaba o “gayteiro”, que naqueles anos cobraba seis ou, con sorte, oito reais. Tampouco faltaba o viño (“22 reales de bino del día de la fiesta”),e en 1675 “un odre de vino que se gastó en la fiesta”.
Esta cofraría tamén tiña gados e propiedades que cuidaban os veciños. No 1645 notifícase, entre eles, un “caphon de cassa de Ciudad de fernando pillo de marraxon”. Tiña tamén colmeas que producían cando “se mataban”, así por exemplo na casa de “a lo de Cabeiro” no 1656.
O 5 de Agosto de 1646 a Cofraría recibíu a visita pastoral do Bispo, que revisou as súas contas e funcionamento.
Nos anos 1649, 1655, 1656, 1660, 1678, 1687, 1696, 1700, 1758, 1794 e 1801 realizáronse listados de Cofrades. Naquel tempo estaban obrigados todos os habitantes a pertencer a esta Cofraría. Quere isto dicir que este é un censo completo da poboación de As Pontes nese ano. En futuros traballos reproducireivos varios censos, por barrios, de esos anos na vila.
O 8 de Xuño de 1655 informouse ó Bispo da pobreza da fábrica da parroquia de As Pontes “y reparando la necesidad que aideqe se dore Un Retablo qe esta echo para el altar mayor qe dexo el li(do) Gonzalo díaz de Aguiar y Pardo Cura que fue de esta fª”. Por parte do Bispo mandouse dorar ese retablo, e que se non chegasen os cartos, o puxesen os veciños. Ese foi o retablo maior anterior ó que hai hoxe que tivo a Igrexa de As Pontes, e que foi reaproveitado polo escultor do actual (en 1753 don Juan Thomas Rdguez de Santiago) en varias pezas, especialmente na hornacina que acolle á Virxe da Asunción.
FOTO DO DIA DO CORPUS, NA RUA REAL. FOTO VILA
Corpus-na-Rua-Real.jpg

En 1656 pintouse a capela maior da Igrexa de As Pontes.
En 1668 sabemos que o maiordomo levou a refundir velas á casa de “alº de Candamil”, co que témolo dato dun cereiro do século XVII que traballaba nesta zona.
Nas contas de 1694 queda constancia dunha cruz parroquial anterior á actual, para a que se fai unha “manga” que custou 4 reais. Esa cruz recompúxose no 1742, aportando a cofraría 40 reais.
En 1698 pintouse o altar, aportando esta cofraría 150 reais.
En 1702 compraronse vestimentas (casulla colorada de damasco…) e axudouse con 191 reais para pinta-los lenzos para o monumento do Xoves Santo. Nese mesmo ano arránxase a cruz de prata do pendón que tiña a cofraría. E dase o dato dun pontés residente en Madrid, que colaborou en gastos coa parroquia: “Pedro Doce, Ressidente en la Viª de Madrid PorbienEchor de dicha Ygla. 14 reales”.
En 1703 a Igrexa atopábase en obras, e a cofraría aportou 95 reais ós “maestros en la Iglesia”. A esa obra colaborou tamén o Obispado, pois dícese “200 rs del Obispado pª la re(e) deficacion dela Yglesia de SªMª”. En 1706 realízanse varias doacións para a “obra de la Yglesia”, e nese ano a Cofraría págalle 50 reais a “los Maestros para ayuda de reedificar el Portigo de la Iglesia”. Tamén en 1715 entréganse dende esta cofraría 300 reais primeiro, e logo 155 máis “a los canteros”.
En 1718 a campá precisou ser recomposta, e houbo un gasto de 20 reais.
FOTO DO MONUMENTO DO XOVES SANTO NOS ANOS 40 NA IGREXA PARROQUIAL
Monumento-do-Xoves-Santo.jpg

En 1718 aparece don Ramón Cebreiro, coma “Maestro Carpintero”, que arma as madeiras para coloca-lo monumento.
Despois de anotacións de gados, chegamos ó libro II da Cofraría, donde destaca a presencia de tres tipos de alcabalas que acolleu en distintos anos a Cofraría do Santísimo de As Pontes: a alcabala forarea (propiedades de terras, casas, gados), a alcabala do viño, e a alcabala dos zapatos. Estas alcabalas puxábanse e mantíñanse por un tempo de tres anos. En 1739 Clemente de Corral entrega 24 reais pola dos zapatos. Durante o século XVIII sabemos as compras e ventas de casas, fincas e propiedades, mediante a alcabala de comisión que se lle combraba ó mercador. Así en 1739 aparece: 17 rs cobró de Manuel Lopez por hazienda que compró”.
En 1740 figuran “12 rs de Joseph Rdguez dos feros de alcabala forarea de la hacienda que compro a Iglº de Irijoa”, e “24 rs de alcabala forarea de la hacienda que compro D. Luis da Fraga en el lugar do Caneyro a Luis de Mira, de la fª de S. Saturnino y a su cuñada Josepha Burgueiro fª de las Somozas”, e “alcabala foraria de los zapatos a Fco Sardina”, e “5 rs da alcabala foraria de la hacienda que compró Inocencio Lopez vecino del Aparral en el Lugar de Ada desta frª”, e “alcabala que compró Ber(do) Prieto Solloso en el Lugr do Carballal en dode vive Fco Bieyte”, e “18 rs. alcabala del vino”, e “hacienda que compró Isabel Fdez do Bidueiral y su yerno a Andr. Pardo en dicho lugar do Bidueyral”, e “alcabala de hacienda Domº García de Maciñeira compró a Joseph Carballo Vº de Roupar”.
O monumento realizábase xa con escalerillas para acceder a él, e no 1740 foi pintado o lugar onde se situaba a custodia, e construíronse esas escalerillas de madeira.
En 1741 aparecen outras curiosas alcabalas, 29 reais da alcabala dos zapatos, 8 reais que se lle cobraron a Ambrosio Trigo pola compra do Lugar da Fraga Cha, 18 reais da alcabala do viño, 12 reais a Pedro Díaz Varela e a sua dona pola facenda mercada a Fco de Piñon.
No 1741 o crego don Faustino Sthome Aguiar, vendo que non existían unhas constitucións na cofraría, propuxoo na Misa Maior, e crea unha comisión que constitúe esas constitucións e ordenanzas, formada por Juan Dopico Prº, Franco Andres da Bouza, Manuel Fdez Cabarcos, Juan del Corral, Pedro da Bouza, Franco Sardina. (folio 14 v do libro II da Cofraría). As constitucións resúmense en 10 puntos:
1º Admitir cofrade ó Bispo “Alexandro Sarmiento de Sotomayor y a sus sucesores”.
2º “Todos los vecinos de la villa han de ser cofrades (Siendo Cabos de Casa) forzosamente 1 real o caridad de medio real. dev. y los solteros lo que su devoción mande”.
3º “Obligación de hacer lista de los vecinos y haciendo constar los POBRES con claridad “fulano de tal Pobre”.
4º En función de entierro 18 velas en el túmulo y por los altares.
5º Misas dominicas cantadas, y la de la fiesta. El día de la fiesta con terno, Santísimo presente “y permitiendo el tiempo ha de salir en procesión por las calles desta dha Villa, y al día antecedente se han de celebrar las Vísperas Cantadas”.
6º “Se darán 4 reales a los curas por la Misa y Procesión”
7º Celebración de Dominicas
8º El mayordomo llame “pª la fiesta que se celebra con sus Visperas a un gaytero para que todo el día en maior solemnidad, se paguen 8 reales según ya sea costumbre”.
9º Penas de incumprimento.
10º Envío ala Diócesis de las Constituciones”.
FOTO DUN ALTAR DO CORPUS NA VILA
Altar-do-Corpus-na-Vila.jpg

En 1742 cobráronse 21 reais pola alcabala dos zapatos, 20 reais pola do viño por parte de Juº Díaz, 41 reais de facenda de F(co) Bieites polo lugar de Carvallal “donde vive”, 13 reais a Domingo Paz que comprou ó seu irmán propiedade, 5 reais a Rosendo da Carvalleira “por comprar en la Bacariza”, e 4 reais e 17 maravedises a Pº da Da.
En 1743 cobráronse 22 reais de alcabal dos zapatos, 20 da do viño, 23 a Dº Lopez pola facenda no lugar do Vidal, 14 a Isidro do Chao por mercarlle a Juan López no lugar de Vadon, 7 reais a Balthasar Pardo por mercarlle a Diego de Casal no lugar da Da, 25 reais a Joseph Fdez de Vilavella que lle mercou unha propiedade a Joseph da Ponte de Mugardos, 14 reais a Luis da Fraga veciño da vila que lle mercou a Luis de Mera no lugar do Caneiro, e 46 reais a Juan Dopico que mercou o lugar da Veiga.
En 1744 as alcabalas non se recollen pormenorizadamente senón que se citan 121 reais de alcabalas e 5 reais por curtir dous pelexos.
En 1745 cítanse 24 reais da alcabala do viño, 30 da dos zapatos, e 20 rs da facenda que comprou Antonio do Souto.
En 1746 cítanse 12 reais da do viño, 24 da dos zapatos, e dísenos que a cera levouse a refundir a “pte de heume”. Nese ano estase traballando na nave central da Igrexa de As Pontes, pois recóllese que “por pagar a los maestros qe fabrican dicha Capilla Ma(or) y así la dieron por tomada”.
En 1747 cobráronse 42 reais con 22 maravedises pola alcabala do viño a Antº do Barro de Pontoibo, e 27 pola dos zapatos.
En 1750 ordénase que “no se pague mas de 8 rs a los gaiteros conforme a constitucion de la Cofradia”.
En 1752 aparecen os intercambios de propiedades con Neda, unha vila que parece ser, que tivo moita relación poboacional e mercantil con As Pontes nese tempo. Un traballo interesante sería o de contrastar os apelidos de Neda e de As Pontes nos séculos XVI-XVII e XVIII –ahí queda para o que lle interese. Poderá atopar en Neda “Pita, Cupeiro, Casal, Tenreiro, da Veiga, Piñeiro, Varela, Montero, da Fraga, do Pico, Merlán, Sueyro, Cebreiro, … . Dícese: “31 reales alcabala hacienda que pagó el Sr Cura de la hacienda que compró al escribano de Neda (os escribanos en Neda nese tempo eran: 1747 Antonio Bermúdez de Castro, 1749 Jacobo Ortega y Castro, 1756 Juan Francisco Alonso de Santiso Escribano de Su Majestad, 1763 Pedro Nicolás Rodríguez y Andrade, e 1794 Juan Pita Baamonde. Cf. Crónicas Nedenses, 195-196 pp., o.c. en artigo anterior) y a la hija de Pedro Ledo”.
En 1752 don Juan Thomas Rodriguez de Santiago estaba a traballar no retablo maior da Igrexa, e a Cofraría pagáballe 500 reais e 50 reais para madeira (tabla). Como veremos nun vindeiro artigo, o aproveitamento das madeiras era tal, que as mesmas portas reutilizáronse na construcción do retablo. Xa en 1753 o maiordomo Juan López de la Uceira, pagou ó escultor: “900 rs de (vellón) que constan de rezibo aberlos entrega a Dn Juan Thomas Rdguez de Santiago. Mro. escultor del Retablo de esta Yglesia”. Este mesmo maiordomo pagaralle outra cantidade no 1754, onde di: “1065 rs que pagó la Cofradía al escultor del retablo maior dela Parrochia destta Villa”.
En 1756, comeza no libro da Cofraría do Rosario a presentarse o dato de que a cera lévase a Neda a refundir, o que acontecerá durante máis de cen anos.
En 1757 acontece un contencioso entre o Bispo de Mondoñedo e a Cofraría do Santísimo con Dn Joseph Pitta de Castro (avogado) por unha alcabala forarea da compra dun muiño. Nese ano Dn Joseph Pitta de Castro pagou 51 reais “por rrazon de Alcaballa del molino que compró a Pedro Do Courrº de Neda”. Non só se vende ese muiño, senon que se realiza un novo muiño ó que Dn Joseph quere ter dereito de alcabala: “mas se le cargan 51 rs y 10 ms qe debe perzivir de Dn Vizente goios () vzº destta villa por rrazon de Alcaballa del Molino nuevo donde fue ttambien la compra de dho Abogado Alamuger de Bartholomé Rodriguez Aleas Poltro”. O 16 de Setembro de 1757 O bispo de Mondoñedo faille pagar ó señor Pitta: “Licdo Dn Joseph Pita Abogado de la Real Audiª de este Reyno, y vezino deesta villa la Alcabala Foranea, delos mill ciento ochenta y siete reales vellon”.
No 1757 e 1758 Juan López de la rúa cobra as alcabalas dos zapatos entregando cada un de esos anos 41 reais.
FOTO DUN ALTAR DO CORPUS NA VILA
Altar-do-Corpus-na-Vila-2.jpg

No 1760 dAnttonio Formoso entra a ser o novo “alcabaleiro” dos zapatos na vila, polo sistema de puxas para tres anos. Nese mesmo ano estase rematando o campanario de As Pontes, e colócase a nova campá maior (non a que hoxe se conserva que é de 1927; ver artigo das campás en AMIGUS) “Campana Nueva que se hizo pª la nueva torre qe ahora es la campana Maior”.
O interesante que aparece nese ano é o arquitecto que levou a cabo esa obra dun campanario que comezou a facerse na súa base en 1730 e que foi rematado no 1760 na súa última fase da críspula e torre de campás, dícese: “760 rs vll. Qe de dicha nueva torre de campanas nestta Viª y Nave qe se estta fabricando en la Iglesia deella seg(n) los regimos nela entregue que nellos hizo Asalvador Lepina como Maestro Arquitecto qe corre con ella”.
O ano de 1760 morrera o párroco don Faustino, e a sede estaba vacante, entrará a rexir a parroquia don Alexandre de Bouza e Maseda.
En 1761 Salvador Lepina falecera, e será a súa viuva a que cobre a obra a través do suboficial de obras de este arquitecto. “210 rs a Maestros qe Maderaron y losaron la Yglª y suportal destavilla el año de la cuenta; suboficial y Apoderado de la viuda que quedo del Primero, qe ha fabricado la ttorre de campanas, capilla, osera y Muralla de la fª desta villa”.
En 1762 recóllese as perdas provocadas polo lobo, animal que atacou en moitos momentos ós rebaños da vila. Nese ano dícese “una baca qe mataron los lobos y estaba en poder de Fco Bicente Do Carballal”. En 1765 “Jovenca de la viuda de Joseph do Paraño qe mataron los Lobos”. En 1770 “pellejo de un becerro qe comieron los lobos en poder de Antº Paz”.
En 1764 descubrimos a un gaiteiro que ameniza as festas e procesión do Corpus, e do que temos algo así como o seu seudónimo “ARAELAS” (px 74)
O altar da Igrexa iluminábase naqueles anos con candieiros, en 1765 mércanse 22 “de fierro que compró para fixar en el retablo para de la Iglª p poner las luces quandoesnecesario”.
Rematada a obra do Campanario, sigueuse coa obra da capela lateral do lado do campanario en 1767, á que se denominaba capela de San Antonio. “500 reales qe por la cofradía pagó alos canteros dela obra dela Yglesia desta villa que hes la Nave y Capilla del Lado del Hevangelio de ella segn lo hizo consttar p(or) Dos vecinos Dados segn suenan p(r) los mismos canteros”. “742 rs y 6 mrs a los Maestros e canteros qe fabricaron cimentos las Paredes Arcos y Capilla de Sn Antonio del Lado del evangelio de la Yglesia destta villa”. “385 rrs por maderar y losar dcha capilla Nave Junttamen(te) con el Portico deadentro y fuera del atrio de la antedcha yglesia”.
Cando os tempos eran os que eran, e chegar ás obras custaba o que custaba, os retablos podían quedar a madeira durante anos ata que se pintaran. O retablo maior de As Pontes realizouse no 1753 e foi decorado no 1771. Non sabemos de certo o pintor, ainda que podemos sospeitar do que dez anos máis tarde pintaría os retablos laterais (Dn Manuel Bidal y Aguiar), o que sí, ese pintor participou na vida comercial da vila, en tanto que en 1771 mercou en puxas 2 libras de lá, e a cofraría deulle 700 rs para a pintura do Retablo.
En 1772 temos por primeira vez novas do canteiro pontés Juan Sueiro (factura do artigo dos comercios de As Pontes antes da guerra civil, en “Amigus”), que estivo activo no seu traballo durante lomenos 40 anos. “400 rs que entrego a Ju. Sueiro vº desta fª por el trabajo de lastrar layglesia parrochial desstta villa”. E tamén nese ano aparece o carpinteiro Jn de Caneiro que realiza a estructura do monumento de Xoves Santo e os bastidores.
En 1775 realízanse os retablos laterais da parroquia, aportando 200 rs a cofraría. Estos retablos foron trasladados a principios do século XX ás capelas de Yllade e do Caneiro, e foron decorados no 1781 polo “Maestro de pintar” D. Manuel Bidal y Aguiar.
Os nosos maiores lembrarán que a porta da Igrexa antiga tiña unhas verxas baixas (gradizelas) de ferro, que foran realizadas no 1790 polo mestre ferreiro Manuel de Castro, ó que se lle aportou dende a Cofraría do Santísimo 800 reais. Realízanse neses momentos tamén as reixas, que Juan Sueiro asentará nos pozos previamente realizados por el mismo no 1792, cobrando 158 reais. Feita toda esta obra a Igrexa precisaba unhas portas novas, que serán postas no 1794. Á entrada da Igrexa só lle quedaba lousar o pórtico, obra que se fará no 1802. Pero sempre quedan goteiras, e continuamente se estivo a retellar na Igrexa, como por exemplo no 1809 ou 1819. En 1827 pagarase ó Mestre Canteiro por realizar a Cerca do Adro 410 reais.
A naveta e o incensario de prata realizados por Jerónimo Varela, foi unha compra de tódalas cofrarías, que se uniron para costealas como fora. En 1799 a cofraría do Santísimo aportou 123 reais.
En 1805 unha campá rachara, e a cofraría aporta 300 reais para facer unha nova. En 1843, tamén, apórtanse 44 rs para o coste “delas campanas dela Yglesia”.
En 1814 a cofraría aporta 44 reais para axudar a pagar a calzada que se fixo na entrada das portas do Adro da Igrexa.
En 1815 repíntase o Altar Maior, polo que se aportan 400 reais. Nese mesmo ano Vicente Cebreiro, Mestre Carpinteiro recibe 105 reais por tablas e traballo na “obra da Igrexa”. Vicente Cebreiro será o carpinteiro que máis traballe na parroquia en vindeiros anos, montando o monumento e facendo outros amaños. Ademais de Vicente Cebreiro aparece nalgunhas ocasións outro carpinteiro facendo o monumento ou recompoñendo bancos, así por exemplo en 1821 Jacobo do Souto.
En 1828 a torre necesitaba arranxos, e aportáronse dende a cofraría “540 rrs Maestro cantero de la Torre en 2 partidas”.
En seguintes anos as contas simplifícanse, e apórtannos menor cantidade de datos, pero en 1863 confírmase a existencia do “Encontro do Domingo de Resurrección” que se celebraba na parroquia, na que o Señor na Custodia se atopaba coa imaxe da Virxe María na mañá do Domingo de Resurrección, tocaban as campás, e celebraban a alegría da Resurrección e da vida.
En 1868 aparece algo moi curioso. O maiordomo é un gaiteiro do Paraño, que aparecía tocando nas festas de San Roque e San Caetano no 1839. Agora, xa algo máis vello, acude a tocar acompañado á festa do Corpus ¿pode que o seu fillo ó tambor?, e firma como maiordomo da Cofraría do Santísimo (Franco Carvalleira) nas contas que rinde ese mesmo ano.
En 1871 a cera xa non ía a refundirse a Neda, senón que aparece constancia do cereiro Pedro Paulino Pérez, que será citado case tódolos anos ata 1880.
FOTO DE ENRIQUE RIVERA ROUCO NA PROCESIÓN DO CORPUS
Enrique-Rivera-Rouco.jpg

Maiordomos da Cofraría do Santísimo da Parroquia de Santa María de As Pontes:
1645 Gonzalo de Cerbicol
1646 F(co) da Fraga
1647 Domingo de (Criador)
1648 Cosme de Fontao
1649 Rdo don Fran(co) Cabanillas de Balcarce. Prior.
1655 Ines de Bañal de Pontoybo
1656 Luis da Bouza
1660 Antonio da Costa
1663 F(do) Pico de beyga
1664 F(do) do Pico de beyga
1666 Jn de Corral
1667 Pº Fdez
1668 Domingo Ramos
1669 Domingo da Balsa
1670 Pedro Dopico
1671 Alonso de Palma
1672 Cam(e) de fontao
1675 Domingo da Balsa
1677 Juan () Caneiro
1678 Juº Duran de Pontoibo
1681 Diego Dopico
1683 Antº Sanxurxo
1685 Domingo (de Sa)
1689 Antº Rdgez
1690 Antº Sanxurjo
1691 Antonio de Cora Montenegro
1692 Pedro das Folgueiras
1693 Fco Pérez
1696 Juan da Costa
1698 Pedro López
FOTO CUSTODIA DE VICENTE JERÓNIMO VARELA DE A VILAVELLA
custodia_vilabella.jpg

1700 F(co) da Bouza
1701 Antonio da Balsa
1702 Juan Prieto Copeyro
1703 Antonio Rdgez
1705 Gregorio de Soto
1707 Domingo de Piñon
1711 Andrés da Bouza
1713 Theodoro Vázquez
1715 Jº Pardo do Caneyro
1718 Gerónimo Vidal
1736 Joseph dela Peña y Raña, Prº
1737 Joseph Paz
1738 Joseph Paz
1739 Fran(co) Piñon
1740 F(co) do Barro
1741 Fran(co) Vernardo Barro
1742 Bernardo Prieto
1743 Balthasar Pardo
1744 Balthasar Pardo
1745 Marcelino do Pico
1746 José Corral
1747 Anttº do Barro de Pontoibo
1748 Antonio do Barro
1749 Fernando da Bouza
1750 Fernando da Bouza
1751 () de Corral
1752 Fco da Bouza
1753 Juan Lopez de la Uceira
1754 Juan Anttº Lopez de la Huceira
1755 Roque Carvallo
1756 Adres de Corral
1757 Bonifacio Barro
1758 Joseph Paz
1759 Joseph Paz
1760 Andres da Bouza
1761 Jacinto Corral
1762 Jacinto Corral
1763 Fran(co) Lopez Da Cabeceira
1764 Joseph Lopez
1765 Andres de Chao
1766 Andres do Chao
1767 Pedro rmero de S Vizte
1768 Fernando Seco
1769 Domingo Lopez de Gondré
1770 Fdo Anttonio
1771 Fdo Anttonio
1772 Antº de Lamigueiro
1773 Pedro Paz
1774 Jn de Campos
1775 Pedro Lopez
1776 Antonio Corral
1777 Antonio Corral
1778 Martin Romeu
1779 Juan do Barro
1780 Manuel Doce
1781 Pedro Ferreiro
1782 Juan da Bouza
1783 Juan da Bouza
1784 Jacobo de Ramil
1785 Ju de Caneiro
1786 Fco de Corral
1787 Jacobo de Cabeiro
1788 Pascual deZendan
1789 Andres de Carvallal
1790 Domingo de Restrevada
1791 Bicente da Bouza
1792 Bizente Rodriguez
1793 Bernardo de Fontao
1794 Josefa do Pico viuda de Caietº Seco
1795 Josef Loureiro
1796 Vizte Paz
1797 Sebastian Prieto
1798 Joseph Do Pico
1799 Antº Seco
CUSTODIA DE VICENTE JERÓNIMO VARELA DE AS PONTES
custodia_aspontes.jpg

1800 Pascual Rez
1801 Juan Paz
1802 Manuel Apolinar da Bouza
1803 Antº da Fraga
1804 Antº da Fraga
1805 Alexo Rodriguez
1806 Antº da Pena
1807 Antº da Pena
1808 Antº Ramil
1809 Manuel Fernz Cabarcos
1810 Antº Ferro
1811 Antº Ferro
1812 Miguel Pardo
1813 Pedro Freire
1814 Juan de Castro
1815 Silbestre de Restrevada
1816 José Romeu de Pontoibo
1817 Andrés Fdez
1818 José do Barro
1819 Domingo Ferro de Marrajón
1820 Domingo Ferreiro
1820 Juan Cabaleiro
1821 Manuel Vilaboy
1822 Jazto Ferreiro del Lugr da Uzeira
1823 Juan Martínez
1824 Fco Caveiro
1825 Vicente Castro
1826 Tomás de Castro
1827 Juan Lopez
1828 Antonio Lopez de Pontoibo
1829 Vicente Fontao
1830 Ramón Gregorio
1831 Pedro Fresco
1832 Fco Prieto
1833 Pedro Cabaleyro
1834 Fco Sueiro
1835 Luis Pernas
1836 Juan de Corral
1837 Roque Romero
1838 Pedro Pardo
1839 José Vermudez
1840 Antº Fraga
1841 Bernardo Cebreiro
1842 Blas García
1843 José Fontao
1844 Fco do Barro
1845 Pedro Pardo
1846 Bernardo Fenandez
1847 Ramon Guerreiro
1848 Felipe do Pico
1849 Bernardo do Pico
1850 Fco Vilaboi
1851 Domingo Cabarcos
1852 Fdo de Castro
1853 José Gª
1854 Antonio Tojeiro
1855 Antonio Corral
1856 JoséMtnez
1857 José Formoso
1858 José Blanco
1859 Antonio Vaamonde de Pontoybo
1860 Domingo da Fraga
1861 Antonio Rouco
1862 Cayetano Lopez
1863 Manuel Ferro
1864 Fco Rivera
1865 Fco Ferro
1866 Luis Soto
1867 Vicente de Castro
1868 Fco Carvalleira
1869 Fdo Lopez
1870 Rosendo Lamas
1871 Antonio Yáñez
1872 Pedro Lopez
1873 Manuel Mtnez
1874 Juan Franco
1875 Fco Pita
1876 José Bellas
1877 Vicente Fdez
1878 José Freire
1879 Vicente Romeu
1880 Vicente Ramos
1881 José Franco de Seara
1882 José Vilavoy
1883 Juan Yañez
1884 Antº Seco
1885 Vicente Bouza
1886 Eduardo Alende
1887 Fco Lopez
1888 Fco Casás
1889 Antonio Rivera
1890 Fco Barro da Costa
1891 Fco Baamonde
1892 Pedro Osa
1893 Antonio Ledo
1894 Vicente Vivero
1895 Marcelino Blanco
1896 Domingo Prieto
1897 José Lamas
1898 Plácido Pajón
1899 Pedro Castro
CRUZ PROCESIONAL DE AS PONTES. SÉCULO XX.
cruz-procesional.jpg

1900 Antonio do Cal
1901 José Vilaboy
1902 Antonio Lopez
1903 Juan Ramos
1904 Juan Ramos
1905 Aniceto Cebreiro
1906 Antonio Corral
1907 Antonio Corral
1908 Antonio Corral
1909 Antonio Dopico
1910 Antonio Dopico
1911 Antonio Dopico
1912 Antonio Dopico
1913 Antonio Dopico
1914 Antonio Dopico
1915 Antonio Rdguez
1916 Antonio Rdguez
1917 Ramon Roca
1918 Ramon Roca
A festividade do Corpus, tiña en tódalas vilas galegas grande forza, e a Vila de As Pontes festexaba dun xeito especial esta data.
Recentemente, a Asociación Lembraza da Vila recuperou de novo esa festa, dende a nostalxia e a lembranza da mesma. Con motivo do primeiro ano que se recuperou a festa, organicei no coro da parroquia a exposición “Memoria dun tempo”, pareceume axeitado rematar este artigo amosandovos o catálogo coas 73 pezas relacionadas coa celebración do Corpus en As Pontes, e que se presentaron naquela exposición.
Xabier Martínez, nos derradeiros momentos do Círculo Lítico.
CATÁLOGO DA EXPOSICIÓN “MEMORIA DUN TEMPO”.
Catalogo-da-Exposicion.jpg

También podría gustarte
Comentarios