Colleita de medallas do Xuvenil-Matojoma na primeira regata da Liga Provincial 2018
O pasado día 1 de maio comezou a Liga Provincial da Coruña en Rianxo.
Cunha participación de más de 200 deportistas das categorías de promoción (dende pre-benxamín a cadete) e sobre as distancias de 1500m os máis novos e 3000 os infantiles e cadetes as padexeiras e padexeiros do equipo pontés demostraron o seu nivel competitivo, e pasaron unha tarde de deporte e diversión no porto de Rianxo.
Dos 8 deportistas desplazados polo Xuvenil-Matojoma so os dous que debutaban na competición, Iker Ramil e Nerea Tojeiro, que remataron nuns meritorios 13.º e 10.º posto nas súas categorías, voltaron sen subir ao podium. En benxamín muller, a parte da citada Nerea Tojeiro, Antía García e Carmen Alén ocuparon o 2.º e 3.º posto. En Infantil-B gañou Ada
Fernández e en 3.º lugar chegou Inés Domínguez. Na categoría de Infantil-A, Celia Durán so foi superada por Andrea García do Cabanas-KDM e na mesma categoría, pero en nenos, Antón García rematou 3.º nunha manga na que o vento e as ondas empezaban xa estaban a poñer moi dura a competición.
Nova cortesía do Grupo Xuvenil