Comeza a rehabilitación do antigo conservatorio pontés

Lendo diariodeferrol.com:
“A Xunta de Goberno Local das Pontes decidía onte comeza-las xestións para contrata-las obras de amaño do antigo edificio do Consevatorio de Música e de Correos. O inmoble de propiedade municipal está situado en pleno centro urbano, apenas a 50 metros da Casa Consistorial, e o goberno local considera que é o lugar axeitado para habilita- las oficinas administrativas.”…


…”Polo de agora, está previsto que alí estean a oficina do catastro e tamén a antena cameral, pero os responsables municipais negocian con outras administración a posibilidade de achegar a As Pontes outras seccións, tanto na área de Facenda como na de administración local.
Pero mentras que non se definen tódolos usos do edificio, que ten varias plantas, realizaranse as obras de rehabilitación. A xunta de goberno aprobou o orzamento para os traballos, que será de 170.000 euros financiados pola Fundación de Endesa e o Concello, que aportarán 120.000 y 50.000 euros respectivamente.
Nos próximos meses decidiranse os servicios municipais ou incluso comarcais que albergarán as diversas plantas do edificio, pero o obxectivo claro do goberno pontés é centralizar na vila tódolos servicios posibles para facilita-las xestións ós veciños e tamén incrementa-la condición de As Pontes como cabeceira de comarca.”
Fonte: diariodeferrol.com

También podría gustarte
Comentarios