[Diario de Ferrol] O Lar de Endesa, nas Pontes, será o espazo no que se reunirán os participantes na “party” informática que organiza a asociación Amigus. Desenvolverase desde mañá ata o 14 de xullo e está incluída na programación das festas do Carme e da Fraga.
Estas “parties” constitúen un punto de encontro para os amantes da informática, que achegan os seus equipos, xogan en rede e intercambian experiencias de xeito ininterrumpido.
Por iso a organización recomenda levar almofada, material para poder abrir o equipo e tamén un cedé de instalación do sistema operativo. Ademais, recomendan tamén ter unha copia de seguridade cos datos máis importantes.
Cada participante ten que levar o seu equipo, con periféricos coma a pantalla, o ratón ou o teclado. Tamén se pide unha tarxeta de red Ethernet, regleta de enchufes e cascos, xa que se prohíben os altofalantes.