COMUNICADO CLUB DEPORTIVO AS PONTES

Dando por sentado que calquer grupo político, pode sacar un panfleto para explicar todo aquelo que considere oportuno; O CLUB DEPORTIVO AS PONTES quere manifestar que, un panfleto con tal grado de sinvergüencería só se pode escribir dende o odio, o rencor, a vinganza e a frustración.

Dando por sentado que calquer grupo político, pode sacar un panfleto para explicar todo aquelo que considere oportuno; O CLUB DEPORTIVO AS PONTES quere manifestar que, un panfleto con tal grado de sinvergüencería só se pode escribir dende o odio, o rencor, a vinganza e a frustración. Non se pode facer un ataque tan gratuito e tan despiadado, contra uhna sociedade deportiva, traspasando todas as líneas imaxinables, poñendo en dúbida a honradez e o traballo da xunta directiva actual e de todos aqueles que pasaron por ela nos últimos anos, xuntando no mesmo panfleto as palabras CLUB DEPORTIVO AS PONTES e corrupción.

Se nos ceñimos aos feitos dos que falan en dito panfleto, dicir que o que está a pasar, é unha discusión xurídica, sobre si unhos cartos públicos gastados por e no C.D. As Pontes, teñen ou non carácter de subvencionable, pero en ningún momento se pon en dúbida que eses cartos e bastantes máis fosen gastados no C.D. As Pontes.

Nestes momentos estáselle realizando ó Club unhas auditorías por parte do concello, correspondentes aos anos 2011-12-13-15, quedando únicamente pendente a do ano 2013, e que según o servizo de intervención do concello (que por certo o que escribe eses panfletos cando gobernaba pasaba dos seus informes un día si e outro tamén) hai gastos xustificados pero non subvencionables nos outros tres anos, por valor de 66.101,21 euros, polo que habría que devolvelos, facer fincapé, que estos cartos xa están nas arcas do concello, o club cumpriu coa sua obriga ingresando os cartos en tempo e forma, (subliñar que quen escribe ese panfleto coñece perfectamente que esos pagos están realizados, pero non o dí, iso da conta da maneira de actuar deste persoaxe). A do ano 2013 no momento que sexa definitiva, o club fará exactamente o mesmo, cumprir co seu deber devolvendo no caso de ser necesario o que se lle pida e despois reclamando.

Decimos despois reclamando, xa que ésta é unha discusión xurídica entre o servizo de intervención do concello, que di que hai gastos que están xustificados pero non son subvencionables, e o Club e os seus avogados que entenden o contrario, sobre todo cando consta que noutros Concellos, Deputacións e Xunta, admiten documentación que aquí non lles serve.

Polo tanto en defensa dos nosos dereitos, xa se presentaron recursos no xulgado do contencioso administrativo e no seu momento un xuíz dirá quen ten a razón, se a ten o concello xa tería cobrado todo, e non pasaría nada máis, e se como esperamos a ten o club, o concello verase obrigado a devolver os cartos, máis os intereses correspondentes e pagar as costas do xuízo.

TI PODES PARAR A POLITÍCA DO ODIO,
DA MANIPULACIÓN E DOS PANFLETOS
PARA FACER POLÍTICA NON VALE TODO
NON SEXAS CÓMPLICE

P.D.: Queremos comunicarlle aos socios do C.D. As Pontes, que durante o mes de febreiro contamos con ter rematado o destas auditorias, polo que no mes de marzo faremos unha asamblea onde entre todos falaremos do pasado e do presente, e decidiremos sobre do futuro do C.D. As Pontes.

Nova cortesía do Club Deportivo As Pontes

También podría gustarte
Comentarios