Comunicado oficial do Club Deportivo As Pontes
Ante a nova saida hoxe na prensa con respecto á investigación aberta ó alcalde de As Pontes por leventar un reparo de unha subvención concedida a este club, O Club Deportivo As Pontes quere manifestar o seguinte
Ante a nova saida hoxe na prensa con respecto á investigación aberta ó alcalde de As Pontes por leventar un reparo de unha subvención concedida a este club,
O Club Deportivo As Pontes quere manifestar o seguinte;
1º) Toda a nosa solidaridade e gratitude hacia o alcalde de As Pontes que o único que fixo foi querer axudar a un club donde hai mais de 200 nenos practicando deporte, e todo sin causar ningún dano a este pobo.
2º) Que TODO o diñeiro que se lle deu a este clube esta gastado na actividade para o que foi concedido, o futbol, sin que ningún organismo o poña en dubida.
3º) Nas subencións decir que, non e o mesmo que non se xustificou, que algo que se aportou para esta xustificación, se poida discutir, de feito iso e o que se esta facendo, si ten o carácter de subencionable ou non.
4º) Que esta xunta directiva o único que fai e traballar, traballar e traballar, sin ningún tipo de compensación económica e debido ás circunstancias e para que este clube non desaparecera poñendo MOITOS cartos do seu capital persoal.
5º) Por último, ainda que o mellor xa e tarde, pedirlle os grupos politicos ponteses un pouco de sensatez e que quiten a este clube das suas liortas, porque o único que poden conseguir e que un clube con mais de 60 anos de historia desapareza e a nivel persoal causarlle moito dano económico a varios veciños de As Pontes.
6º) En datas próximas convocaremos unha asamblea donde explicaremos mais polo miudo a nosa posición.