CON DERROTA DIANTE DO BUEU (2-4) REMATOU O SOÑO DO ESTEO F.S.

Triste despedida da temporada do Esteo nun partido que tiña que gañar para ter algunha posibilidade de ascenso, pero que, con toda xustiza perdeu ante un Bueu moito máis enchufado no encontro a pesar de que non se xogaba nada. Os ponteses realizaron un mal partido e apenas crearon ocasións claras de gol, xa que a maioría dos seus disparos fóronse moi lonxe dos tres paus. Non lle fixo falta ó Bembrive gañar ó Ribeira de Piquín, xa que incluso podería perder ante os lugueses para proclamarse campión de liga e ascender á Segunda División B.
Se a semana pasada falabamos dun gran partido do Esteo en Bembrive, temos que dicir todo o contrario nesta ocasión diante dun rival ó que se goleou na súa propia pista. Os ponteses nunca estiveron no partido e deixaron o ritmo e o control do xogo ós pontevedreses, que de camiño atoparon o gol índose ó descanso cun 0-2 a favor. Semellaba que a reacción local tiña que vir na segunda parte, pero todo foi un espellismo e polo contrario os visitantes marcaban un terceiro tanto o que poñía o partido moi costa arriba para un descoñecido Esteo que fallou en tódalas liñas. De nada serviu o segundo gol local, xa que a falta de seis minutos Choto, que non estivo moi afortunado neste partido, nunha desgraciada xogada propiciaba o cuarto tanto do Bueu e aí acabouse o derradeiro encontro da temporada. Cunha merecida e triste derrota na casa remataba o soño dun Esteo de acadar por fin o ascenso de categoría e unha decepción máis para os afeccionados ponteses, que terán que esperar un ano máis para ver se o seu equipo logra o ansiado ascenso de categoría.
esteo_001.jpg


O ESTEO F.S.: Choto, Gerveno, Fran, Gerardo, Rubi – cinco inicial- Bolly, Anxo e Pelu.
A.D. BUEU F.S.: Piki, David, Pablo, Toño, Adri –cinco inicial- Álex, Rafa, Rodri e Hugo.
ÁRBITROS: Pena Pereira e Martín Vez (Ferrol). Amoestaron a Pelu, Pablo e Adri.
GOLES: Min. 2 (0-1), Adri. Min. 6 (0-2), David. Min. 21 (0-3), Rafa. Min. 26 (1-3), Anxo. Min. 32 (2-3), Fran. Min. 34 (2-4) David.
INCIDENCIAS: Partido da derradeira xornada da fase de ascenso á Segunda División B disputado no pavillón municipal da Fraga, que rexistrou unha frouxa entrada de afeccionados, apenas uns cen espectadores nas gradas.
esteo_001.jpg
esteo_001.jpg
esteo_001.jpg
esteo_001.jpg
esteo_001.jpg
esteo_001.jpg
esteo_001.jpg
esteo_001.jpg
esteo_001.jpg
esteo_001.jpg
esteo_001.jpg
esteo_001.jpg
Nova cortesía de A.F.

También podría gustarte
Comentarios