CONCERTO DE OUTONO DE MÚSICA CORAL

Este sábado, 22 de outubro, celebrarase no auditorio municipal Alovi o tradicional Concerto de Outono de Música Coral, que organiza a Agrupación Coral Endesa As Pontes, en colaboración co Concello de As Pontes. O concerto comezará ás oito da tarde (20,00).

Este sábado, 22 de outubro, celebrarase no auditorio municipal Alovi o tradicional Concerto de Outono de Música Coral, que organiza a Agrupación Coral Endesa As Pontes, en colaboración co Concello de As Pontes. O concerto comezará ás oito da tarde (20,00).

Neste festival musical pontés participarán nesta ocasión catro agrupacións corais, a Coral Fonte do Souto (Culleredo), a Coral Polifónica de Lalín, a Coral Solera Berciana (Ponferrada) e a anfitrioa, a Coral Endesa As Pontes.

CORAL POLIFÓNICA FONTE DO SOUTO (Culleredo)

Esta coral cullerdense celebrou este ano o seu 23º aniversario. Ten actuado en directo en diversos eventos da comarca coruñesa e outras localidades galegas, incluso no estranxeiro. A finais de setembro cantou a misa na Basílica de San Pedro (Vaticano) xunto á coral Lembranza de Sada e o coro de Oleiros. Tamén estivo na XIII Romaría Coral Galega celebrada nas Pontes o pasado 9 de setembro.

Conta con preto de corenta voces mixtas e está dirixida por Luciano Padín Lago.

CORAL POLIFÓNICA DE LALÍN

Despois dun período de inactividade, a Coral Polifónica de Lalín reiniciou a súa actividade en maio de 2012. Está formada por 55 voxes e dirixida por Benxamin Otero Otero. Realizouse a gala da súa representación o 2 de xuño de 2013 no Auditorio de Lalín e dende esta data participou en diversos festivais organizados en diversas localidades de Galicia ademais de participar en distintas galas benéficas da súa localidade. Paralelamente ás actuacións públicas, organízanse periodicamente cursos de formación vocal. En outubro de 2013 iniciou a actividade a coral infantil “Luis Areán” que está integrada por 26 nenos e nenas de idades comprendidas entre os 7 e 12 anos, facendo así una aposta polo futuro da coral.

CORAL SOLERA BERCIANA (Ponferrada)

Esta agrupación coral berciana fundouse no ano 1972. Está dirixida dende 1987 por Mª Teresa Portela Insunza e conta con máis de trinta voces. Dende a súa fundación ten actuado en numerosas localidades de Castela e León, Asturias, Galicia, Euskadi, Andalucía, Cantabria, etc., así como participou en diversos concertos fóra de España, como na sede do Parlamento Europeo en Estrasburgo (Francia), no Encontro Internacional de Coros de Sallete (Portugal) e en outubro de 2000 na misa na Basílica de San Pedro, no Vaticano. Tamén actuou en Viena, Estoril e Lisboa. O seu repertorio abarca os máis variados estilos, salientando o folclore berciano, música sacra, popular, zarzuela e habaneiras.

Tamén realizou interpretacións en televisión e ten gravado cinco discos de longa duración. En maio deste ano participou xunto á Coral Endesa As Pontes no festival de primavera na Casa de Cultura de Ponferrada.

AGRUPACIÓN CORAL ENDESA AS PONTES

A Coral anfitrioa, Endesa As Pontes, fundouse en 1974. Deu o seu primeiro concerto o 1º de maio dese mesmo ano en As pontes e dende entón percorreu coa súa música a práctica totalidade da xeografía española, viaxando tamén a Suiza, Portugal e a República Checa.

Participou en programas de radio e televisión e gravou catro discos longos nos que se recollen diferentes estilos musicais. Foi galardoada con diversos premios e mencións, entre os que cabe destacar o “Premio Especial de Polifonía Regional” do “Certamen de Habaneras y Polifonía de Torrevieja”, que conseguiu en dúas ocasións.

O seu primeiro Director foi Alfonso de la Torre Piñeiro que estivo á fronte da coral ata o año 2001. Na actualidade conta con 40 voces mixtas e a súa directora é Olga Vigo.

concierto-de-outono-as-pontes

Nova cortesía de A.F.

También podría gustarte
Comentarios