CONCURSO DE CARTEIS DAS FESTAS DO CARME-A FRAGA 2006

Co motivo da celebración das Festas do Carme e A Fraga que se celebrarán o vindeiro mes de xullo, o Concello das Pontes de García Rodríguez convoca un concurso de carteis.


BASES
Primeira.- Poderán participar todos os xoves que teñan cumpridos os 14 anos antes do 25 de xullo de 2006, e non superen os 30 na mesma data.
Segunda.- O motivo do cartel é anunciar as Festas do Carme e A Fraga do ano 2006. A técnica será libre, e aparecerá obrigatoriamente no cartel o seguinte texto:
FESTAS DO CARME E A FRAGA
AS PONTES
DO 14 AO 25 DE XULLO DE 2006
As medidas do cartel serán de 40 x 70 cms. como máximo. Só se poderá presentar un cartel por persoa/s, e deberá ser inédito e orixinal.
Terceira.- O prazo de presentación e chegada dos carteis rematará o 15 de maio de 2006 ás 12:00 h. Os carteis serán entregados ou enviados ao Departamento de Cultura do Concello das Pontes, sito na Casa Dopeso, Rúa Rosalía de Castro, 28 – 15320 As Pontes, A Coruña. (teléfono: 981 44 03 44/ cultura@aspontes.org)
O cartel deberá vir acompañado dun sobre pechado e coa seguinte información no seu interior: nome, enderezo, fotocopia do DNI, e teléfono de contacto.
Cuarta.- Establécese un premio único de 300 € (trescentos euros). O cartel premiado quedará en propiedade do Concello das Pontes.
Quinta.- O Xurado estará composto por persoas debidamente cualificadas e representantes do Concello, estes con voz pero sen voto, sendo o seu fallo inapelable. O Xurado resérvase o dereito de declarar deserto o premio.
Sexta.- O Concello poderá utilizar a imaxe do cartel gañador noutras publicacións relacionadas ou non coas festas do Carme e A Fraga, así mesmo os carteis que non resulten premiados poderán ser expostos.
Sétima.- A participación neste concurso implica a aceptación destas bases.
Nota: os carteis non premiados, poderán ser retirados na Casa Dopeso durante o mes de setembro. Os carteis non retirados nestes período quedarán en propiedade do Concello das Pontes.
Concellería de Cultura – O.M.I.X. As Pontes

También podría gustarte
Comentarios