COPA DE FÚTBOL DE VETERANOS DE AS PONTES 2016/17

Xa se coñecen os semifinalistas da copa de fútbol de veteranos

O choque máis prometedor era o que disputarían Mobles e Fisioterapia DC-HIM&HER, sen embargo non foi así e o Mobles Eume goleou por 7-0. Si ben é certo que o partido comezou cun xogador menos por parte dos “fisios” e o encontro rematou con dous xogadores menos por expulsión, un por cada equipo.

Tamén sorprendeu o pase a semifinais do Mesón A Cepa, que eliminou nos penaltis (2-0) a Farmavida, xa que o partido rematou con empate a un gol. Vitoria de La Galaxia ante MMYPEM e claro triunfo de Galiorient (7-0, seis obra de Tomás) sobre As Pontes 74, que xogou todo o partido con dous efectivos menos.

As semifinais dispútanse na mañá do sábado 20 e a final o domingo 21 (11:00). Ás 10:30 será a final de consolación entre Bar Xardín e Electricidad J&O.

CUARTOS DE FINAL 13-14 / Maio / 2017

Mobles Eume – Fisioterapia DC-HIM&HER (7-0) Miguel, Alfonso, Martín (2 cada un) e Piña
MMYPEM – La Galaxia (1-3) Propia porta / Fontao, Óscar e Juan
A Cepa – Farmavida (1-1) Fernández / Juan
As Pontes 74 – Galiorient (0-7) Tomás (6) e Varela

SEMIFINAIS 20 / Maio / 2017

Mobles Eume – La Galaxia (Sáb. 20, 11:00 h)
A Cepa – Galiorient (Sábado 20, 12:00h)

Nova cortesía de A.F.

También podría gustarte
Comentarios