COPA DEPUTACIÓN DE A CORUÑA 2016: O ESTEO FS – O PARRULO FERROL FS (1-4)

O equipo ferrolán xogará a final contra o Santiago Futsal

O equipo ferrolán do Parrulo venceu onte no Pavillón de A Fraga ó pontés do Esteo por 1-4, e xogará a final da Copa Deputación da Coruña ante o Santiago Futsal, que o sábado vencía por 0-2 ó Ventorrillo. A final será o mércores 21 ás 21:30 horas no pavillón da Malata.

Tras unha primeira metade moi disputada eran os ferroláns os que marchaban con vantaxe no marcador tralo gol de Isma pouco antes do descanso. Anteriormente Alex Garea tivo un dobre penalti que parou Illi.

Xa no segundo tempo, Zala marcaba o segundo tanto tras rematar dentro da área, e o xuvenil Juan facía o terceiro nunha xogada de estratexia. Entremedias Rober Paz disparaba ó poste.

A pouco do final, e con porteiro xogador, o ex futbolista do Esteo, Rubi, anotaba o 0-4 dende media pista, marcando Jaco o tanto da honra para os locais a falta dun minuto para o final do partido.

FICHA DO PARTIDO

O ESTEO FS: Javichu, Púas, Rober Paz, Héctor, Alberto Carro –cinco inicial- Gerardo, Jaco, Ayalita e Álex Garea.

O PARRULO FERROL FS: Illi, Jacobo, Chicha, Isma, Rubi–cinco inicial- Álex Durán, Zala, Íñigo, Bertito, Juan e Miguel Caeiro.

ÁRBITROS: Fernándo Bello Gomez e Pablo Fernández Becerra (Lugo). Amoestaron a Jaco, Javichu, Jacobo, Rubi e Zala.

GOLES: Min. 18 (0-1), Isma. Min. 24 (0-2), Zala, Min. 34 (0-3), Juan. Min.38 (0-4), Rubi. Min. 39 (1-4), Jaco.

INCIDENCIAS: Partido correspondente ás semifinais da Copa Deputación da Coruña disputado no Pavillón Municipal da Fraga, que rexistrou unha entrada duns 200 espectadores.

Nova cortesía de Xosé A. Ferreiro e A.F.

También podría gustarte
Comentarios