Amigus
As Pontes

COPA FERROL FEMININA. CD AS PONTES 0 – CD ROSALÍA 0

Partido este sábado á tarde no campo artificial

Non tivo o seu día o feminino pontés, que recibía ao Rosalía de Vilaboa, equipo que compartía a última praza de grupo xunto ao Discalzas de Cedeira, ambos con 4 puntos.

Pero non puideron pasar do empate a 0-0, o equipo de Iván Rodríguez, que apenas contaba cun cambio, con baixas, en especial a de Paula Castro, referencia no ataque. Aínda así, no segundo período dispuxeron de ocasións, Nerea, Carolina, e dúas moi claras nas que Carlota non alcanzou o balón no borde da portería.

Si ben é certo que as visitantes chegaron pouco pero tiveron as súas, con dúas brillantes intervencións consecutivas de Iria, e un balón que pasou un palmo por riba do longueiro e co que se deu por finalizado o encontro.

Primeira posición con 16 puntos antes de recibir á Capela, á espera do partido deste domingo do Caranza que pode empatar no liderato despois de recibir ás branquiverdes.

Xogaron Iria, Yoli, Indira, Noelia, Nerea, Carlota, Carolina e Uxía.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

También podría gustarte
Comentarios