PREFERENTE NORTE: CD AS PONTES 4 – CD FOZ 0
O As Pontes golea na segunda parte e alonxa os postos de descenso
Plácida vitoria do As Pontes nun triunfo moito máis traballado do que reflicte o marcador, i é que de feito ao descanso chegouse con táboas no marcador apenas resaltando un disparo ao longuero de Dani Bellas (28´).
Pero ao pouco da reanudación, Sergio marcou nunha falta lateral botando o balón por alto que se lle acabou escurrindo ao portero entre as mans (51´), e a raíz do tanto o cadro focense foise diluíndo como un azucarillo co paso dos minutos.
O segundo anotouno Montes de cabeza tras saque de córner (64´), o terceiro chegou tras un potente disparo dende fora da área de Bellas moi axustado ao pau e que desviou lixeiramente un defensa (72´), e o cuarto e definitivo tras un centro de Pajaro, no seu intento de despexe Rivera introduce o balón antes de que Bellas anotase a porta baleira.
Os ponteses alonxanse aínda máis dos postos de descenso, e sitúanse con 20 antes da xornada de descanso, aínda que entremedias visitarán ao Montañeros. Os lucenses siguen con dez.
Decimoterceiro triunfo local ante os focenses no Poboado, por catro visitantes e tres empates. O último encontro, tamén 4-0, en 2018, na tempada do ascenso.
CD As Pontes. Kike, Criado, Berto (David 62´), Edgar (Lucky 55´), Montes, Traba, Vilela (Brais 71´), Toni (Jaime 22´), Moreda (Pajaro 55´), Sergio, Bellas.
Foz. Alonso, Roi, Bustelo (Raúl 68´), Canario, Ben (Iván 81´), Dani (Xesús 81´), Gonzalo (Jorge 81´), Manupo, Diego (Fernández 68´), Alberto, Rivera.
Goles: 1-0, Sergio (51´), 2-0, Montes (64´), 3-0, Bellas (72´), 4-0, Pajaro (77´).
Incidencias. Campo de O Poboado. Uns 70 espectadores en tarde moi soleada.
Árbitro: Ordóñez Rodríguez (Coruña). Auxiliado por Galán Laguela e Montero Couto. Amarelas a Berto, Jaime, Vilela e David.
Nova cortesía de Xose Ferreiro