Amigus
As Pontes

LIGA GALEGA. CR FENDETESTAS 5 – SANTIAGO RC 52

Última xornada de Liga este domingo á mañá no campo artificial

O Fendetestas pontés de rugbi perdeu este domingo nunha mañá soleada ante o Santiago por 5-52 un encontro que xa marchaba 5-24 ao descanso, ensaio da honra anotado por Antonio.

Xogaron Alejandro (Leonardo 65´), Anxo, Xose, Carlos (Roberto 71´), Antón, Luis, Rafael, Roberto (David 41´), Senén, Alberto, Antonio (Mariano 43´), Ansumana, Borja, Iván, Toño (Lois 65´).

Aínda pendentes o Zalaeta-Crat e o Muralla-Ferrol para concluir a Liga, lideraría o Crat coruñés con 40, seguido de Ferrol con 38, Muralla de Lugo 30, Santiago 13, Zalaeta de Arteixo 10, e pecha Fendetestas con 4, conseguidos na vitoria en Santiago 22-32 na primeira volta.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

También podría gustarte
Comentarios