LIGA GALEGA XUVENIL. CD AS PONTES 2 – RACING DE FERROL B 1
Remontada este sábado á mañá no derbi
Importante vitoria a lograda este sábado á mañá do xuvenil pontés no derbi ante os máis novos do xuvenil racinguista.
No primeiro período tiveron ocasións máis claras os verdes, sobre todo no principio do encontro, pero o gol cotizabase tan caro como atopar un aparcamento no Poboado un sábado á mañá. Ao borde do descanso adiantaba David Pardo aos ferroláns.
Pero na segunda metade os de Rivas deron a volta ao marcador con ambos tantos de Xoel Purriños, outorgando tres importantes puntos para situarse sétimos con 13, xusto por riba do próximo rival, noutro derbi, o Eume, oitavo con 11.
Xogaron Mario, Eloy, Bruno, Samuel, Dani, Adrián, Javi, Darío, Xoel, Xandre, Antón, e despois Sergio, Anxo, Yago, David e Ángel.
Nova cortesía de Xose Ferreiro