Copa Xunta de Galicia

Este sábado hai festa do rugby galego en As Pontes!

O CR Fendetestas organiza a Copa Xunta de Galicia, que reunirá máis de 30 equipos galegos para disfrutar dunha gran xornada nos Campos de O Poboado (instalacións cedidas polo CD As Pontes).
Desde as 10 da mañá disputaranse partidos de rugby seven nas categorías sub14, sub16, sub18, senior feminino e senior masculino. 
Ao tempo celebrarse un torneo de veteráns nas mesmas instalacións.
A entrada ao evento será de balde durante todo o día.

Para finalizar a xornada, o CR Fendetestas celebra o seu 30 aniversario cunha cea na carpa do CEIP Santa María Colegio CEIP Santa María. 

O prezo da cea é de 25€ e o menú está composto por langositnos, xarrete de tenreira, postre, café, chupito e bebida. 
O prezo do menú infantil é de 12€ para maiores de 10 anos, sendo de balde para os menores desa idade. 
Os tickets para a cea están á venda no Bar O Lar, Bar Calvo, Trastoy 3 e Oficinas AXA ata hoxe martes. 

Ademais, tamén hai a opción de reservar os tickets por teléfono e facer o pago a través de ingreso bancario (ABANCA ES84 2080 5200 3530 4000 5419). 

Datos de contacto:
620 89 78 98 (Joel) 
615 42 80 53 (Antón) 
fendecampus@gmail.com 
https://www.facebook.com/crfendetestas/

Contamos con todos vós para celebrar xuntxs 30 anos de moito rugby!!

Nova cortesía do CR Fendetestas

También podría gustarte
Comentarios