COPA ALEVÍN: C.D. AS PONTES A – NARÓN BP (6-1)

Despois de quedar apeado da fase de campións, o As Pontes alevín A iniciou este mércores a competición de copa goleando no Poboado ó Narón BP por 6-1. Superioridade dos ponteses neste primeiro partido, que de camiño puxéronse cun 3-0 ó seu favor, con goles de Josiño, Adrián e Martín. A relaxación do cadro de Rebolo propiciou o único tanto dos visitantes nun lanzamento de falta que sorprendeu por alto ó porteiro Lino.
Na segunda parte seguiu o dominio do As Pontes, que logrou outros tres tantos por mediación do goleador Josiño, aínda que os naroneses puideron acadar algún gol máis, pero dous dos seus disparos estreláronse nos paus da portería local.
alevin_001.jpg


O As Pontes aliñou de principio a Lino, Alejandro, Martín, Andrés, Josiño, Adrián e Jandro. Posteriormente entraron Esteban, Bruno, Pedro, Jorge e Antón.
O cadro que adestra Rebolo xoga este sábado en Miño, equipo que perdeu na primeira xornada co Racing de Ferrol (0-5) e na segunda gañou en Neda por 7-1.
alevin_001.jpg
alevin_001.jpg
alevin_001.jpg
alevin_001.jpg
alevin_001.jpg
alevin_001.jpg
alevin_001.jpg
alevin_001.jpg
alevin_001.jpg
alevin_001.jpg
alevin_001.jpg
alevin_001.jpg
alevin_001.jpg
alevin_001.jpg
Nova cortesía de A.F.

También podría gustarte
Comentarios