Nota de prensa BNG: O PSOE incumpre tamén a lei electoral

Co motivo da paralización das obras da Vila por non ter autorizacións, o BNG ten afirmado que tal forma de actuar é a norma do PSOE no goberno municipal; mais no ámbito da lei electoral, tense superado.
A retirada polo persoal municipal dos soportes das árbores de Nadal das farolas, que viña utilizando o BNG para a súa propaganda electoral, foi só unha primeira mostra da actitude democrática do PSOE.
Segundo a lei, é o Concello quen sinala os espazos públicos dispoñibles para a colocación da propaganda electoral; a elección do PSOE está publicada (http://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2011/04/13/bop_71.pdf) pola Xunta Electoral.
Pois ben, é o propio PSOE quen a incumpre ao poñer unha caseta no Parque Municipal e unha pancarta no Centro de Saúde, lugares que, como se pode acreditar pola certificación da Secretaría Municipal que achegamos, non están incluídos na relación.

También podría gustarte
Comentarios