COPA CADETES: CD AS PONTES – CULTURAL MANIÑOS (7-0)

O As Pontes cadete estreouse na competición de copa cunha clara vitoria sobre a Cultural de Maniños por sete goles a cero. Ós descanso os ponteses xa gañaban por un claro 4-0.
Tras uns primeiros minutos moi igualados, pouco a pouco os ponteses foron collendo o control do partido dominando claramente ó seu rival ata o final do encontro. Abriu o marcador Nahúm no minuto 25, volvendo a marcar catro minutos despois. No trinta e catro sería Brais Blanco que marca o terceiro, chegando o cuarto no minuto 42 por mediación de Álex Fernández.
Na segunda parte continuou o total dominio do As Pontes, logrando neste período tres goles máis. Brais Blanco marca o seu segundo tanto no minuto cinco, Álex Fernández tamén logra o seu segundo ós dez minutos e finalmente, no minuto 35, Nahúm marca o seu terceiro tanto, rematando o partido co co sinalado 7-0.
cadetes_001.jpg


Polo As Pontes xogaron de principio Ángel, Alberto, David, Caínzos, Jandro, Hulk, Dieguito, Iván, Nahúm, Brais Blanco e Álex Fernández. No segundo tempo entraron Manuel e David Rey no sitio de Ángel e Álex Fernández.
Na vindeira xornada o As Pontes xoga en San Sadurniño. Lembrar que foi aprazado o partido da primeira xornada de copa diante do Amistade Meirás.
cadetes_001.jpg
cadetes_001.jpg
cadetes_001.jpg
cadetes_001.jpg
cadetes_001.jpg
cadetes_001.jpg
cadetes_001.jpg
cadetes_001.jpg
cadetes_001.jpg
cadetes_001.jpg
cadetes_001.jpg
cadetes_001.jpg
cadetes_001.jpg
cadetes_001.jpg
Nova cortesía de A.F.

También podría gustarte
Comentarios