Copa de España de Maratón de Piragüismo

Xa falta menos dunha semana para a estrea para a competición do Lago da mina das Pontes. Todos os preparativos xa están en marcha para convertir a praia no centro dunha competición que traerá a as Pontes aos mellores piragüistas de fondo de España, xa que esta Copa de España de Maratón de piragüismo será a proba clasificatoria para o Campionato de Europa que se celebrará en Portugal en xuño.
piraguismo_1.jpg
A modalidade de Maratón de piragüismo é unha das que máis alegrías internacionales lle está a dar ao piragüismo español e galego, con impresionantes resultados como os do Mundial do pasado ano onde se conseguiron os ouros nas catro modalidades de home senior (k1, k2, C1 e C2 nos que todos os canoistas eran galegos), e ademáis a prata en K2 e o bronce en C2, ademáis de outras medallas en sub23, junior e veteranos.
piraguismo_2.jpg
As competicións en As Pontes durarán todo o sábado dende as 9:00 ata as 19:00 aproximadamente e o domingo pola mañá dende a mesma hora, cun percorrido de 4km visible totalmente dende a praia ao que os piragüistas deberán dar entre 3 voltas os máis novos ata 7 os K1 e K2 home senior, ao final de cada volta os padexeiros teñen que facer un percorrido correndo pola praia coas suas embarcacións de uns 100m, que é unha das partes máis vistosas da modalidade e na que o público pode ver de preto a dureza desta disciplina.
O Grupo Xuvenil de As Pontes ademáis de organizar participará con 7 piragüistas da vila (Cesar Prieto, Hugo Grandal, David Tonislavov, Carlos Durán, José García, Ernesto Gancedo e Serafín Fontao).
piraguismo_3.jpg
Para organizar un evento deportivo deste nivel o Grupo Xuvenil conta co apoio imprescindible do Concello das Pontes, que xa está comezando as labores de preparación da zona para que o entorno esté nas mellores condicións posibles e do director da Mina das Pontes, José Antonio Menendez Lolo que, dende Endesa, facilitou os trámites para conseguir que por fin se podan realizar actividades nauticas no Lago, así como outras agrupacións deportivas da vila como o Club de Montaña o Caxado e o Club Olympo de Atletismo que colaborarán con voluntarios para a organización.
piraguismo_4.jpg
Dende o Grupo Xuvenil animamos a todos os ponteses e pontesas que queran colaborar como voluntarios que se apunten deixando o seu nome e teléfono no correo xuvenil@gmail.com, nas instalacións do club no Encoro da Riveira ou no Polideportivo Municipal, necesitamos sobre todo nenos e nenas de entre 8 e 15 anos para suxetar as embarcacións nas saidas dende o pontón que se instalará para o efecto, e maiores para axudar na zona de porteo e avituaxamento.


piraguismo_5.jpg
Nova cortesía do Grupo Xuvenil

También podría gustarte
Comentarios