Unha vez rematada a liga co Bar Xardín como campión, esta fin de semana comezou a competición de copa de fútbol de veteranos coa disputa da primeira xornada con só dous enfrontamentos.
O Bar Xardín, campión de liga, venceu a MMYPEM por 3-1, con dous goles de Lozano e un de Pedro, sendo Manolo o autor do único tanto de MMYPEM.
No outro enfrontamento, Maren derrotou a La Galaxia por 1-0, con tanto de Edward.
Esta fin de semana dispútase a segunda xornada con estes enfrontamentos:
2ª XORNADA DE COPA 22/23 Marzo – 2014
AS PONTES 74 XUNTANZA (Sáb. 22, 20,00 h)
BAR XARDÍN – LA GALAXIA (Dom. 23, 10,00 h)
A CEPA MMYPEM (Dom. 23, 11,00 h)
M. EUME FARMAVIDA (Dom. 23, 12,00 h)
Descansa: Maren
Nova cortesía de A.F.