COPA GALEGA ANDAINAS DE 50KM DA FEDERACIÓN GALEGA
Este domingo coincidindo coa primeira andaina de 50km da Copa Galega de Andainas da Federación Galega, 33 socios do Club de Montaña O Caxado desprazáronse en autobús a Padrón para asistir a dita proba.
Esta andaina organizada polo Colectivo Remonte e denominada Bisbarra do Sar, pois transcorre polos concellos de Rois, Dodro e Padrón donde se encontra a saída e a chegada. Esta ruta podese facer de tres maneiras distintas Camiñando, Correndo ou en BTT.
Consta de tres aneis de diferentes dificultades, o primeiro de 27km, o segundo de 15km e o terceiro de 6km, dos cales os 4 derradeiros podianse facer subindo as antenas por un circuito durísimos, ou voltando o pavillón por unha pista mais levadeira
Os Ponteses dividironse en sendos aneis según a forma física de cada participante, polo que a maioría optou por facer os 27km, outros poucos por facer os 42km, e só 6 rematarón a proba cos 50km a súas costas, un deles chegou a subir as antenas polo circuito máis duro da proba.
A proba organizada en Padrón e unha das máis numerosas de dita copa, pois nesta edición contaban con 450 inscritos, os cales agasallaban o final do día cunha degustación de callos.
O participantes do Club de Montaña O Caxado quedaron contentos e deseosos de voltar a unha proba destas características.
Nova cortesía do Club de Montaña O Caxado