O Xuvenil primeiro clasificado no 1º torneo da liga nacional de kayak polo e outros resultados

O equipo de kaiak-polo do Grupo Xuvenil de Piragüismo As Pontes comeza a temporada da 2ª división da liga nacional pola porta grande gañando o primeiro torneo desputado en Alaquas, Valencia. Na final os ponteses gañaron ao Oxio de Toledo por 2-1. O terceiro posto foi para o equipo do Valdepeñas.
Por outra banda en Verducido (Pontevedra) outra parte do equipo pontés participou no Campionato Galego de Inverno de K2 e C2, sobre a distancia de 5000m, onde acadaron dous podiums (Jose Antonio Menéndez/Antonio Polo en veterano 35/39 anos e Serafín Fontao/Ernesto Gancedo en veterano 40/44 anos) e o segundo posto na clasificación por equipos do campeonato de veteranos por detrás do potente Vilaboa.
Os cadetes Carlos Durán e Xosé Guerreiro remataron no 27º posto.
“xuvenil”


xuvenil
xuvenil
xuvenil
xuvenil
xuvenil
xuvenil
xuvenil
Nova cortesía Grupo Xuvenil

También podría gustarte
Comentarios