COPA XUNTA DE GALICIA: O ESTEO F.S. CIDADE DE NARÓN F.S. (2-1)
Cumpríronse os prognósticos e tanto Esteo coma Cidade de Narón estarán na seguinte rolda da copa Xunta de Galicia logo da vitoria dos ponteses sobre o conxunto naronés no partido disputado na tarde de onte no pavillón da Fraga, que rematou con vitoria do Esteo por un axustado 2-1. Ó descanso o marcador rexistraba un dous a cero a prol dos ponteses. O choque estivo moi nivelado ó longo dos corenta minutos con dous equipos que se van e ver na liga de Segunda División B que comeza a vindeira semana. Os dous equipos trataron de agradar ós afeccionados que se deron cita no pavillón da Fraga e ó longo do partido houbo ocasións para os dous equipos, estando máis acertado o Esteo, que marcou o seu primeiro gol a falta de catro minutos para o descanso nun balón que colle Héctor e bate por baixo ó meta naronés. O segundo tanto dos ponteses chegou a falta dun minuto para o descanso cando o capitán Fran envía un certeiro disparo polo escuadro establece o dous a cero. No segundo tempo, a tónica de xogo foi a mesma con dominio alterno e oportunidades para os dous equipos. Juve, de dobre penalti, estableceu o 2-1 definitivo cando faltaban catro minutos para o remate do encontro, aínda que o mesmo xogador tivo outro dobre penalti pero o seu lanzamento foise desviado. Ó final vitoria dos ponteses nun partido que deixou satisfeitos ós dous equipos.
FICHA DO PARTIDO
O ESTEO FS: Choto, Pelu, Gerardo, Héctor, Rubi cinco inicial- Fran, Diego, Rober e Ito.
CIDADE DE NARÓN: Ángel, Rober, Brais, Álex, Juve cinco inicial- Josito, Lito, Ayalita e Buján.
ÁRBITROS: Manuel Dans e María Corrochano, da delegación da Coruña. Tarxetas amarelas ós locais Pelu e Fran e ós visitantes Álex, Ayalita, Buján e Juve.
GOLES: Min. 16 (1-0), Héctor. Min. 19 (2-0), Fran. Min. 36 (2-1), Juve, de dobre penalti.
INCIDENCIAS: Partido da derradeira xornada de grupos da Copa Xunta de Galicia disputado este sábado 21 no pavillón municipal da Fraga ante uns 200 espectadores.
Nova cortresía de A.F.