Esta fin de semana, agás o segundo equipo, comezaron a competición a gran maioría dos equipos do CD As Pontes.
Comeza sufrindo o equipo xuvenil tras acadar un so punto en dous encontros.
Tras empatar na súa visita á Milagrosa (1-1), no partido de onte recibía ó segundo xuvenil do Lugo, e adiantouse na primeira metade mediante un penalti transformado por David Rivas. Incluso no segundo tempo puideron poñer terra de por medio tras un tanto de Gonza no 74´, que anulou con certo retraso a colexiado seguindo as indicacións do xuíz de liña.
Nun encontro de poucas ocasións para ambos bandos apareceu a fortuna de por medio, para os azuis caeu cruz e para os branquivermellos saiu cara.
A sete minutos do final, un centro chut dun xogador lucense colase polo escuadro tras pasar por riba de Ángel, e xa no desconto, no minuto 94´, un xogador local en lugar de despexar hacia banda, cabecea hacia atrás, ocasión que non desaproveita un dos tres xogadores visitantes que chegaron sos para anotar o tanto da vitoria levando o segundo xuvenil lucense tres valiosos puntos para a casa co xusto.
Xogou o equipo de Felipe con Ángel, Moi, Jandro, Gonza, Marcos, Esteban, Nahum (Diego 65´), Iván (Alex Cabarcos 79´), Antonio (Tiny 87´), David Rivas, Brais (David Rey 87´).
Quinto pola cola se sitúa o equipo xuvenil e a semana que ven visita ó sempre compricado equipo santiagués de Conxo.
O equipo feminino, despois de gañar a semana pasada en Narón 2-5, perdeu co segundo equipo de O Val, que contou coa experiencia de algunha que outra xogadora do primeiro plantel, marcando a diferencia.
Así, ás valexas marcharon ó descanso con 0-2 no marcador e mediado o segundo tempo unha xogadora prantouse soa ante Leti e fixo o 0-3 que semellaba definitivo.
As mellores ocasións locais chegaban a balón parado por medio de Lía, que herdou o toque de balón do gran Palotes, e así no 47´ fixo estirar á porteira visitante nun balón que se colaba polo escuadro. Si anotou no 50´, a pesar de que a porteira tocou coas luvas o balón acabou entrando facendo o 1-3 definitivo.
Un par de minutos antes do remate aínda tivemos tempo de ver unha gran parada de Leti nun balón que acabou no poste.
Xogaron polo cadro de Pita, 1 Leti, 2 Andrea, 3 Lía, 4 Carlota, 5 Paula, 6 Noelia, 7 Patri Dopico, 8 Nicole, 9 Lara, 10 Ángela, 11 Nuria, 12 Vicky e 14 Silvia.
A semana que vén visitan ó perigoso Mandiá.
O cadro cadete sufriu unha sorprendente derrota en Ferrol ante o Ánimas (7-2), nun torneo copeiro onde so se clasifica o primeiro. Na vindeira xornada recibirán en casa á sempre compricada canteira de Pontedeume.
Gañou o seu segundo partido de Copa o infantil; goles de Dani e Alex Barro (foto), que fixeron hat-trick, Alberte, dous tantos, e un para Chema, Antón e un en propia porta, que a semana pasada venceu 0-10 á Cultural Maniños en Fene e esta xornada gañou na casa 11-0 ante o Cariño. Máis compricado o terán a semana que vén que visitan ó Amistade de Meirás, que tamén venceu onte 1-10 ó cadro do Maniños.
Comezaron os máis pequenos de fútbol 8
O Alevín A gañou 1-4 ó Caranza D, goles de Xoel (2), Xan e Javi, mentres que o Alevín B non correu a mesma sorte pois foi goleado 0-11 polo Galicia de Caranza, que anque aínda acaba de comezar sen dubida será un dos mellores equipos da competición. O A recibirá ó Cebarca e o B visitará ó Eume.
O Benxamín A perdeu 1-4 co Eume B, tanto de Sergio Paz, mentres que o Benxamín B descansou. O A visitará ó EFR Ferrol D, mentres o B debutará en liga recibindo ó Portuarios B.
O Prebenxamín A gañou 9-2 ó Cedeira B. Contan cun adestrador de luxo, o gran Pablo López, Campión de España Xuvenil co Deportivo en 1996 cando derrotou na final ó Real Madrid 2-1. O Prebenxamín B, que está noi mesmo grupo, perdeu 7-0 ante o Caranza, e o mesmo que acontece na categoría alevín, o cadro do Galicia será un dos mellores da competición. A vindeira semana derbi no Poboado As Pontes B-As Pontes A.
Máis información en http://aspontesenfeminino.wordpress.com/ e http://www.cdaspontes.es/
Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.