TERCEIRA DIVISIÓN: CD AS PONTES 2 CLUB RÁPIDO DE BOUZAS 1
Primeiro triunfo na casa do As Pontes tras dous empates consecutivos ante Cerceda e Betanzos o que o sitúa cuarto empatado a 11 puntos co líder Boiro, Cerceda segundo e Arousa terceiro.
Non se pode decir que o partido non tivera grandes ocasións, e incluso si fora un combate puxilístico o As Pontes gañaría xustamente, anque non con moita diferencia, ós puntos, pero non o tivo fácil o cuadro azul de Manolo García.
O partido comezou cun gol anulado a Chote (3´), pobre, xa pola súa posición pode marcar poucos, e xa lle anularan un co Alondras a tempada pasada e hoxe outro.
Pero foi na primeira aproximación visitante, que se marcha por banda esquerda Pablo García, centra, e coa caña preparada Uru fai o 0-1 e inaugura o marcador (15´). No 31´ Diz empala un balón dende o borde da área que marcha a rentes do pau, e o ex internacional sub17 Gabi Misa manda unha falta ó longueiro (32´).
Tres boas ocasións e iso que o equipo que levou o peso nos primeiros minutos foi o As Pontes pero sen chegar a culminar e caendo en moitos foras de xogo.
Por parte dos azuis, Bossa sacou unha falta coa súa luva e o balón caeulle nos pes ó gladiador Nano, que non a esperaba (30´). Foi no 38´ cando empatou o As Pontes, tras unha falta tirada por Bossa, rebota na barreira, e está Chicho intelixente en boca de gol para coller o rexeite e marcar a un Carlos casi vencido .
Comezou avisando na segunda metade o equipo vigués, e así a balón parado Misa fixo estirar a Kiko (48´). O ex xogador celeste, fora internacional sub17 na quinta 2007-08, e estivera na primeira fase de clasificación do Europeo, San Marino (6-0), Andorra (3-0), Gales (2-2), pero non na segunda nin na fase final en Turquía 2008 na que España vencera 4-0 a Francia na final con Thiago, Canales, Oriol Romeu, Montoya, Pulido, Planas, Keko, Rochina, Carmona … entre outros.
A ocasión máis clara do partido, a de un batallador Arias no día de hoxe, regatea a un defensa, ó porteiro, avanza en carreira, e a porta baleira, manda o balón por alto (49´). Outra gran ocasión, o colexiado sinala penalti sobre Amado, pero Carlos adiviñalle a intención ó mago de Viveiro, Bossa, (55´).
Zapatazo de Chicho que se vai por alto (63´). Tamén tivo as súas o Bouzas, un xogador gaña a liña de fondo e nun balón hacia atrás chega Misa pero manda por alto (64´). Un balón de cabeza que Nano non espera (65´), nunha boa ocasión. Outro balón caelle franco tras un rexeite a Cholo incorporándose dende banda esquerda, con tempo para definir, Kiko aguanta, e o olívico manda o balón lamendo o pau (67´). No 75´ é Amado quen tras un centro de Borja que desvía lixeiramente un defensa remata de forma acrobática co xeonllo e para Carlos.
Arriscou Manolo sacando a Borja e Santi, e no 76´ chega o gol do triunfo, saque de córner, Carlos non consegue atallar e chegando dende atrás marca a pracer o canteirán Borja, que so tivo que empurrar.
O Bouzas buscou o empate nos últimos minutos pero Kiko estivo moi ben nas saídas con balón colgado, pero incluso o As Pontes puido sentenciar por medio de Arias que se prantou so ante Carlos pero mandou o balón ó poste (93´), e anteriormente destacar unha contra de Borja (82´) e un disparo por alto de Bossa que pillou adiantado ó porteiro (89´).
Triunfo vital dun As Pontes ó que lle agardan tres etapas de montaña, Deportivo B, Barbadás e Pontevedra, pero cando menos durmirá na cuarta posición e sete puntos por riba do descenso.
2 CD AS PONTES. Kiko, Hugo, Nano, Chote, Rochela, Fidi, Amado (Santi 84´), Bossa, Arias, Chicho (Borja 71´), Pablo Domínguez (Alex Cabarcos 71´).
1 CLUB RÁPIDO DE BOUZAS. Carlos, Javi (Fran 59´), Cotilla, David, Villa, Rubén (Cholo 14´), Pablo Fernández, Gabi Misa, Uru, Diz, Pablo García (Oki 64´).
Goles: 0-1, Uru (15´), 1-1, Chicho (38´). 2-1, Borja (76´).
Árbitro: Alejandro Vázquez García (A Coruña). Auxiliado nas bandas por Soto Eiroa e Fuentes Seoane. Amonestou a Chote, Fidi, Bossa, Javi, David, Rubén, Gabi Misa, Uru, Diz e Fran. Expulsou ó adestrador visitante Juan Carlos Andrés no minuto 72´.
Campo e incidencias: Campo de O Poboado, 150 espectadores en tarde moi soleada. Foi retirado en ambulancia tras facerse daño nunha caída tras un salto o visitante Rubén (14´).
Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.