COPA XUNTA DE GALICIA DE TAEKWONDO

Gabriel Tembrás incrementa o seu palmarés cun ouro na Copa Xunta de Galicia
Este sábado celebrouse en As Pontes a Copa Xunta de Galicia de taekwondo na modalidade de técnica nas categorías infantil e adultos, competición na que hai que salientar a gran afluencia de deportistas e de público cun pavillón polideportivo da Fraga totalmente ateigado de espectadores.
Tras unhas fases provinciais nas que participaron preto de dous mil rapaces e rapazas de toda Galicia, os tres primeiros de cada categoría provincial clasificaban para este torneo. Así, máis de 600 deportistas e 30 xuíces chegados de distintas cidades e vilas das catro provincias galegas déronse cita na vila pontesa, nunha proba que estivo organizada pola Federación Galega de Taekwondo e o Club Moo Duk Kwan Vilalba-As Pontes.
O deportista pontés Gabriel Tembrás, campión de Europa e de España, venceu na categoría infantil D6 Masculino, por diante de Pablo Patiño, do Patiño de Moaña, que foi prata, e Diego Siota (Couto) e Ángel López (Mace-Sport) que foron bronce.
Non foi a única medalla pontesa nesta competición galega, pois na categoría C1 Infantil Mixto, Cristina Sierra acadou a medalla de prata. Venceu Alexia López, do Olimpia, e colgáronse os bronces Raúl Meijide (Sada) e Daniel Pérez (Tao).
taekwondo


Aparte destes dous metais, o Mook Duk Kwan Vilalba-As Pontes fíxose con outras dúas medallas, de ouro, David Ansede, en A4 masculino adulto, e Álex Anido en D3 infantil masculino.
En total repartíronse 71 medallas de ouro. O club máis laureado foi o Tao Clínica Luis Vila, de Vigo, con 11 triunfos, seguido de Escola Lucense e Couto de Ourense, os dous con seis.
Por detrás quedaron con cinco medallas de ouro Yidam Balaídos de Vigo, Patiño de Moaña e Neka de Monforte de Lemos. Catro logrou o Club HEBE, tamén de Moaña, e o Kido Sport de Sanxenxo.
O Moo Duk Kwan vilalbés, como xa sinalamos, logrou tres ouros, igual que N.S. Sada, Mace Sport de Pontevedra, Hans Horang de Betanzos e Club Olimpia de Carballiño.
Dúas medallas de ouro foron para o USC de Santiago, Arte e Movemento de Cee, Lúar de Ordes e Tao Zusanli de Mos. Unha presea lograron o Sares de Cangas e o Koryo de A Estrada.
taekwondo
taekwondo
taekwondo
taekwondo
taekwondo
taekwondo
taekwondo
taekwondo
taekwondo
taekwondo
taekwondo
taekwondo
taekwondo
taekwondo
taekwondo
taekwondo
taekwondo
taekwondo
taekwondo
taekwondo
taekwondo
taekwondo
taekwondo
taekwondo
taekwondo
taekwondo
taekwondo
taekwondo
taekwondo
taekwondo
taekwondo
taekwondo
taekwondo
taekwondo
taekwondo
taekwondo
taekwondo
taekwondo
taekwondo
taekwondo
Nova cortesía de Xosé e Antón Ferreiro

También podría gustarte
Comentarios