Enrique xogará en Arteixo

O xogador pontés do Deportivo de A Coruña Enrique Fornos participará este martes ás 18:00 noutro dos encontros de preparación da selección galega de cara á primeira fase do Campionato de España sub18.
Despois de perder 8-1 contra o Racing de Ferrol de Segunda División B, o combinado galego enfrontarase o Atlético Arteixo, que precisamente noutrora chegou a militar na Segunda B, pero tras graves problemas económicos agora atopase na Primeira Autonómica Rexional. O encontro levarase a cabo no Campo ponte dos Brozos, do equipo locatario.


Van dezaoito xogadores, con algunhas caras novas, sorprende a ausencia do porteiro da selección española sub17, Iván Villar, e a novidade de Javier Fernández Abruñedo “Bicho”, dianteiro internacional español sub17 a tempada pasada e que xa debutou co primeiro equipo deportivista ás ordes de Fernando Vázquez.
No ámbito comarcal estrease o extremo dereito de Cabanas, xogador do Racing de Ferrol, Álvaro Rey.
A convocatoria é a seguinte:
RC Celta de Vigo: Diego Alende, Brais Méndez, Fede Varela, Ángel Fraga
RC Deportivo de A Coruña: Ángel Fernández, Javier Fernández, Hugo Díaz, Enrique Fornos
CD Lugo: Daniel Pedrosa, Alberto Vilariño
Pabellón Ourense: Martín Torres, Saúl González
CD Lérez: Alejandro Sánchez, Iago Martínez
RC Ferrol: Álvaro Rey
Rápido de Bouzas CF: Francisco Mintegui
CD Areosa: Raúl Espinosa
Porriño Industrial: Maykel Barbosa
Nova cortesía de Xose Ferreiro

También podría gustarte
Comentarios