Amigus
As Pontes

Cto. Galego de travesías

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

O domingo 14 de xunio, o Club de Piragüismo Grupo Xuvenil As Pontes achegábase ata a localidade coruñesa de Betanzos para disputar o Campionato Galego de Travesías, na marisma do Mandeo, sobre 10000m, con pouca auga e coa dificultades das correntes xeradas polo cambio de marea.
Poñía o club na liña de saida seis embarcacións cos seguintes resultados en meta:
K2 home xuvenil, con Adrián Filgueira e Omar Penabad que remataban terceiros galegos.
K2 home cadete, con Xoel Timiraos e Xalo Romero, conquistaban o Campionato Galego da sua categoría.
Daniel Ferro, en home K1 cadete,tras liderar nove dos dez quilómetros da regata, sufría un choque que remataba en volco, do que se repoñía e remataba quinto galego.
Xa en home K1 veterán, os nosos eran Ernesto Gancedo, J. Antonio Menéndez Lolo e Antonio Polo.
Sendo Polo, vencedor da regata,polo tanto Campión Galego, Ernesto remataba sexto e Menéndez era séptimo.

Nova cortesía do Grupo Xuvenil Piragüismo As Pontes

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios