A Concellería de Benestar Social, Igualdade, Educación e Contratación do Concello Das Pontes no marco conmemorativo do 25N. día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres convida ás asociacións a participar no curso ASOCIACIONISMO DESDE O BO TRATO E A IGUALDADE: PREVENCIÓN, DETECCIÓN E ACTUACIÓN FRONTE ÓS ESTEREOTIPOS E AS VIOLENCIAS MACHISTAS que terá lugar os sábados 23 e 30 de novembro en horario de 11:00h a 13:00h no soto da Casa Dopeso.
O curso ten por obxectivo proporcionar ferramentas para a intervención fronte a violencia de xénero e outras violencias machistas, isto é, para coñecer, detectar e intervir ante as situacións que constitúen violencias machistas que se poidan producir no ámbito das asociacións.
As prazas son limitadas, polo que é preciso que todas aquelas persoas da vosa asociación que desexen participar, se inscriban no seguinte formulario: